Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> Farland
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Proxecto FARLAND

FARLAND “Future approaches to land development” é unha iniciativa INTERREG IIIC encamiñada a fomentar o intercambio de experiencias e aprendizaxes no eido da xestión da terra. O seu obxectivo principal é incentivar a innovación para acadar unha xestión integrada da terra e dar resposta ás necesidades actuais e futuras da sociedade.

Baixo os principios de maior flexibilidade, integración e descentralización, realízanse actividades de intercambio de experiencias e coñecementos na xestión territorial en cada unha das rexións participantes, analizando instrumentos como a concentración parcelaria e o Banco de Terras.

Galicia participa neste proxecto a través da Consellería do Medio Rural, representada por AGADER e pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, e da Universidade de Santiago de Compostela, representada polo Laboratorio do Territorio do Departamento de Enxeñería Agroforestal. Están tamén presentes outras 11 organizacións de 7 países da Unión Europea, diferenciándose institucións implicadas na execución de instrumentos e centros de educación e investigación.

Que significa  a xestión de terras (land development)?
FARLAND trata sobre o termo land development, traducido como xestión de terras, e entendido como o conxunto de políticas, medidas e/ou instrumentos que perseguen a adaptación da natureza e localización do uso e/ou da propiedade da terra para a consecución de obxectivos públicos e privados existentes nun espazo dado e cumprir coas necesidades da sociedade.

Refírese pois ao emprego de instrumentos como a concentración parcelaria, os bancos de terras ou as unidades de xestión territorial, entre outros, e está directamente relacionado co desenvolvemento rural, o medioambiente e a ordenación do territorio.

Cales son os instrumentos de xestión de terras en Galicia?
Ata o de agora a xestión de terras traduciuse en Galicia no emprego dun único instrumento, a concentración parcelaria de caracter público, mais existen outros instrumentos, algúns deles practicamente descoñecidos como as concentracións privadas ou fórmulas baseadas na concentración do uso e non da propiedade da terra, e outros de nova creación como o Banco de Terras e as unidades de xestión forestal.

Máis información do proxecto en:

laborate.usc.es (información en galego, portugués e inglés)

Proxecto FARLAND
Proxecto FARLAND

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS