Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> Farland >> Instrumentos de xestión >> Flanders - Bélxica
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Instrumentos de xestión de terras nos países FARLAND: Flanders - Bélxica

Os principais instrumentos de xestión de terras identificados en Flanders foron:

Concentración parcelaria integral

Cun obxectivo agrario, a concentración parcelaria integral enténdese como o proceso de reorganización da propiedade para facilitar o uso agrícola, mais tendo en conta a visión integral das áreas rurais, contemplando as oportunidades que o reagrupamento da propiedade ofrece para a natureza, as actividades de recreo e outros usos.

Nese sentido, as concentración parcelarias integrais contemplan medidas como:

  • Creación de parcelas máis grandes e regulares para as explotacións
  • Mellora de camiños, proporcionando acceso a todas as parcelas
  • Acondicionamento (recheos de fosos e escavación de novos diques)
  • Medidas de control de tráfico en camiños rurais
  • Transformación de antigas vías ferroviarias para uso ciclista
  • Supresión cruces a nivel de ferrocarril que sexan perigosos
  • Reconstrución de muíños
  • Sinalización de camiños
  • Protección e creación de áreas naturais
  • Creación/mellora de xardíns

Xestión de terras

Instrumento empregado para compatibilizar o uso agrícola con outros usos, permitindo que as condicións para a realización de actividades agrícolas, transporte, recreo e natureza estean equilibradas e os conflitos de uso do solo se minimicen.

O emprego deste instrumento está directamente relacionado coa estrutura e a planificación territorial e fundamenta a execución de proxectos na cooperación dos distintos organismos e axentes implicados no territorio.

Inclúe medidas como:

  • Xestión da auga: intervencións en diques, ríos e regatos dun xeito integral, incluíndo medidas que van desde a rexeneración das zonas de ribeira ata pequenas construcións para o tratamento da auga.
  • Natureza e bosque: construción de pequenas pozas para os paxaros, creación e mantemento de corredores verdes.
  • Recreación: mellora de estradas, camiños e pontes para facelos máis atractivos ao camiñante e ao ciclista, localización de paneis de información, modificación de cruces de camiños perigosos.
  • Paisaxe e patrimonio: restauración de pequenas igrexas, muíños, explotacións.
  • Agricultura: a través de contratos cos agricultores para o control do gasto de auga.

Xestión de terras para a natureza

Instrumento específico para a creación de novas áreas naturais e restauración daquelas degradadas. Cunha densidade de máis de 400 habitantes/km2, a presión das actividades humanas sobre a natureza é moi intensa en Flanders, con este instrumento preténdese desenvolver unha área desde o punto de vista da conservación, restauración e xestión da natureza na mesma.

Dependendo na área na que se traballe, inclúe actividades como:

  • Substitución de lamigueiros por especies locais
  • Construción de pequenos embalses para protexer zonas pantanosas
  • Medidas para afastar o tráfico de zonas de cría 
  • Educación medioambiental: paneis, centros para visitantes
  • Actuacións nos ríos para facilitar as migracións dos peixes
  • Permutas de parcelas e concentracións para conservación de zonas de interese desde o punto de vista da natureza e/ou da paisaxe

Bancos de terra locais

Empregados como instrumento para realoxar propiedades en lugar de empregar mecanismos de expropiación e tamén para mitigar os efectos sobre a natureza como consecuencia do desenvolvemento de certas actividades e/ou construcións así como protexer os valores naturais de certas áreas (como mecanismo de compensación).

Neste sentido, os bancos de terra son xeralmente só empregados para darlles apoio aos outros instrumentos de xestión de terras mencionados.

Flanders

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS