A lei alemana de concentración parcelaria define a concentración como o proceso de reorganización das propiedades agrícolas para a mellora da produción e as condicións de traballo agrícola e forestal, manter un uso adecuado da terra e promover a súa xestión, contemplando para iso diferentes instrumentos:
Concentración parcelaria integral
Supón unha solución a longo prazo para as estruturas agrarias e debe ser implementada co obxectivo de acadar un desenvolvemento rural integrado. Pretende manter e reforzar a estabilidade das explotacións ao mesmo tempo que preservar os valores naturais e da paisaxe dunha área.
Inclúe accións como:
Concentración parcelaria simple
Cunha implementación máis sinxela, emprégase para eliminar ou minimizar os conflitos que xorden sobre a terra cando se procede a realizar certas actuacións públicas nas áreas rurais:
Concentración parcelaria rápida
Emprégase cando é necesario reorganizar a propiedade pero non é necesario a mellora e construción de ningunha infraestrutura. Emprégase principalmente para a mellora da produción e condicións de traballo en agricultura e para implementar medidas de conservación da natureza e da paisaxe. Supón simplificacións administrativas que permiten un procedemento máis rápido para ser empregado en situacións non moi complexas nas que os beneficios da concentración son recoñecidos por propietarios e agricultores.
Permutas
É a forma de concentración máis sinxela, rápida e menos custosa. Persegue tamén a mellora da produción e as condicións de traballo en agricultura permitindo unha conservación da natureza e da paisaxe. As parcelas de dous ou máis propietarios son intercambiadas e unidas, sendo un proceso totalmente voluntario. Concentración parcelaria na construción de grandes infraestruturas
Trátase do único procedemento que persegue un beneficio público en primeiro lugar. Se na construción dunha gran infraestrutura (ou outro motivo) se inclúen medidas expropiatorias ou de adquisición obrigatoria (compulsory adquisition) afectando a unha zona agrícola de xeito importante, a autoridade responsable desas medidas pode solicitar o inicio dun procedemento de concentración parcelaria de forma que a perda de terra poida ser repartida entre todos os propietarios da zona, e non saian perxudicados só aqueles propietarios que teñan fisicamente as súas parcelas no lugar no que a infraestrutura vai ser construída.
Permuta en arrendamento
Introducida no 2003, supón unha ferramenta moi útil para tratar de forma rápida cos cambios estruturais en agricultura, permitindo reorganizar os arrendamentos dunha explotación nunha determinada zona. Supón un esforzo de propietarios e arrendatarios, supervisados pola autoridade competente en concentración parcelaria ou outros expertos na materia.
Procedemento de concentración parcelaria en Renania do Norte - Westphalia | ||
---|---|---|
Sección 1: preparación e decisión de concentración parcelaria |
“Estratexia de Desenvolvemento Rural Integrado”, (público) solicitude, etc. | |
Informe e consulta a outras administracións públicas | ||
Instrucións e explicacións aos axentes involucrados | ||
Decisión (decreto) de concentración parcelaria pola Autoridade Superior de Concentración Parcelaria. | ||
|
| Elección da xunta de participantes |
Sección 2: |
Identificación das partes involucradas e dos seus dereitos |
|
Valoración dos predios agrícolas, urbanos, edificios e estruturas | Publicación e confirmación oficial dos valores | |
Inventario para a Avaliación de Impacto Ambiental |
| |
Sección 3: planeamento |
Plan de camiños e recursos hídricos, incluíndo plan de conservación da paisaxe |
|
Aprobación oficial e aceptación do plan pola Autoridade Superior de Concentración Parcelaria | Pre- construción de equipamentos comúns | |
Marqueado e medición do plan |
| |
Sección 4: concentración parcelaria |
Consulta de peticións na compensación |
|
Plan de concentración parcelaria |
| |
Marqueado e medición das novas parcelas | Toma de posesión provisional | |
Publicación do plan de concentración parcelaria |
| |
Recursos: modificación do plan de concentración parcelaria |
| |
Posibilidade dos propietarios de interpor unha demanda | Orde anticipada de implementación | |
Orde de implementación do plan de concentración parcelaria | Construción de equipamentos comúns | |
sección. 5: fin do procedemento |
Actualización dos arquivos públicos (catastro, rexistro) |
|
Comunicado de conclusión do procedemento de concentración parcelaria. |