Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> Farland >> Método de traballo
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Método de traballo do proxecto FARLAND

Para conseguir os obxectivos xerais, o traballo estrutúrase en diferentes liñas de acción (denominadas compoñentes):

  • Xestión e coordinación: da programación global do proxecto, incluído os aspectos financeiros xerais. É responsable deste aspecto o líder de FARLAND (e solicitante), a DLG holandesa.
  • Revisión e intercambio: de experiencias, prácticas, realidades e coñecementos entre todos os socios participantes. Preténdese centrar a actividade nas boas prácticas e innovacións en cada un dos tipos de áreas rurais. O centro de investigación Alterra dirixe estas actividades.
  • Futuros enfoques: considerando a información aglutinada e procesada na tarefa anterior, definir as aprendizaxes a ter en conta para o futuro en cada país, sexa a nivel estratéxico, instrumental ou operacional, o que tamén se relaciona cos niveis institucional e financeiro, entre outros. Neste caso, a FLA flamenca ocúpase da coordinación.
  • Promoción e diseminación: das principais conclusións así como facer que os temas relacionados coa xestión da terra reciban a suficiente atención, en relación á súa transcendencia, nos niveis político, académico, profesional e social en xeral. Ocúpase de definir cales serán as actividades e medios de difusión e os grupos obxectivo, sendo o MA-TAKKI húngaro o socio que dirixe estas actividades.

Basicamente, son dúas as formas a través das que se produce o intercambio de experiencias e coñecementos. Dunha banda as visitas rexionais (Study Tour) en cada un dos países participantes, nos que o país anfitrión trata de presentar a súa realidade no eido da xestión da terra ao resto das delegacións. A segunda vía céntrase en aspectos máis concretos. Son xuntanzas técnicas (Technical Exchange Visits), nas que se abordan instrumentos, procedementos ou mesmo técnicas concretas dun xeito horizontal, é dicir, nas que todos os socios teñen a oportunidade de contribuír a favorecer o incremento do coñecemento no eido en cuestión, e pensadas para que socios que teñen interese en cuestións concretas poidan solicitar o asesoramento e/ou consello daqueles socios que teñen maior experiencia nas mesmas. Neste caso, o número e temática de xuntanzas é máis flexible, así como a asistencia ás mesmas, que é opcional para todas as delegacións de FARLAND.

Ademais destes dous tipos de actividades, tamén se realizan xuntanzas periódicas tanto dos grupos de traballo como do grupo de proxecto e, máis esporadicamente, o comité de dirección.

Pola súa banda, os centros de investigación proporcionan materiais e análises complementarios para fixar o coñecemento xerado e dar corpo a produtos concretos.

Método de traballo

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS