Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Centro tecnolóxico da carne
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

O Centro Tecnolóxico da Carne

O Centro Tecnolóxico da Carne é unha fundación de interese galega que pretende dinamizar e mellorar a capacidade competitiva do sector agroalimentario de Galicia.

 A súa actividade organízase en torno a catro eixes fundamentais de actuación:

  • Servizos a empresas (análises, trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria, APPCC, etc).
  • I+D+i
  • Formación
  • Asesoramento e transferencia tecnolóxica, en íntima relación cos axentes do sector.

O CTC presta os seus servizos a todos os colectivos sectoriais que forman parte da cadea alimentaria.

O Centro desenvolve a súa actividade a través de convenios de colaboración asinados con entidades públicas e privadas, de proxectos presentados a diferentes convocatorias e mediante a oferta formativa coa que conta na actualidade.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS