Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Centros de formación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Centros de formación

Os seis centros de formación agroforestal da Consellería do Medio Rural están en Guísamo, Becerreá, Sergude, Ribadeo, Monforte e Lourizán. A especialización dos centros de formación agraria adáptase ás características da zona, para converterse así en centros de referencia e aproveitar os recursos do lugar.

Ofertan unha ampla variedade de cursos entre as ensinanzas regradas e as non regradas, tamén chamadas de formación continua. As primeiras están divididas en ciclos de grao superior e ciclos de grao medio, programas de cualificación profesional inicial (PCPI) e módulos profesionais.

A formación continua fundaméntase en cursos eminentemente prácticos, impartidos durante todo o ano e orientados a agricultores e gandeiros, como os cursos de aptitude empresarial agraria, de manipulador de produtos fitosanitarios e de mellora das explotacións e os cursos monográficos ou de especialización que se adaptan ás necesidades do momento.

Estes cursos teñen lugar tanto nos centros de formación agraria como nas OAC (Oficinas Agrarias Comarcais) e poden estar tamén organizados por outras entidades relacionadas co sector.

Oferta de prazas de residencia e de comedor nos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal da Consellería do Medio Rural para o curso académico 2016/2017

 

Proxecto Hammer

Nova (18 Kb)

Imaxes:

Centros de formación

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS