Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Centros de formación >> Ciclos de grao medio >> Aceites de oliva e viños
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Aceites de oliva e viños

Características
Oferta modular polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Familia: Industrias alimentarias
 
Que se aprende a facer?
Elaborar e envasar aceites de oliva, viños e outras bebidas de acordo cos plans de produción e calidade, efectuando o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos e aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

Onde se realiza o traballo?
Na industria de elaboración e envasado de aceites de oliva, viños e outras bebidas, en pequenas, medianas ou grandes empresas, con tecnoloxía tradicional ou avanzada. Intégrase en equipos de traballo con outras persoas do mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente dun mando intermedio. En certos casos de pequenas empresas pode ter baixo a súa responsabilidade operarios e depender directamente da persoa responsable de produción.

En que postos de traballo?
Bodegueiro/eira, elaborador/ora de viños, cavas, sidra e outras bebidas e derivados. Mestre/a de lagar, extracción e refinamento de aceites de oliva. Recepcionista de materias primas. Operador/ora de sección de embotellamento e/ou envasado. Auxiliar de laboratorio en lagares e adegas. Auxiliar de control de calidade en lagares e adegas. Comercial de lagares e adegas.

Cales son os módulos deste ciclo?

MódulosHoras
Análise sensorial105
Elaboración de viños267
Formación e orientación laboral107
Operacións e control de almacén na industria alimentaria80

Que título se obtén?
Técnico en aceites de oliva e viños, cursando o resto dos módulos que conforman o ciclo:

MódulosHoras
Acondicionamento de aceites de oliva105
Elaboración doutras bebidas e derivados192
Empresa e iniciativa emprendedora53
Extracción de aceites de oliva107
Formación en centros de traballo410
Materias primas e produtos na industria oleícola, vinícola e doutras bebidas346
Principios de mantemento electromecánico105
Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos53
Venda e comercialización de produtos alimentarios70

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS