Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Centros de formación >> Ciclos de grao medio >> Produción agroecolóxica
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Produción agroecolóxica

Duración
2 cursos académicos (2.000 horas)
 
Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos agropecuarios ecolóxicos con técnicas agrícolas e gandeiras, para a mellora da biodiversidade e da estabilidade do medio, e da fertilidade do solo, en condicións de calidade e aplicando a regulamentación de produción ecolóxica, de benestar animal, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?
En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira ecolóxica, por conta propia ou allea. Dentro da produción agroecolóxica atopamos as seguintes actividades: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos ecolóxicos; explotacións pecuarias ecolóxicas; empresas de produción de plantas para xardinaría ecolóxica; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira ecolóxica; empresas de servizo á agricultura e á gandaría ecolóxica; viveiros e hortas escolares; empresas de certificación de produtos ecolóxicos; granxas escola e aulas de natureza.

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador/ora cualificado/a por conta allea e por conta propia en cultivos e en gandaría ecolóxica, agricultor/ora ecolóxico/a, criador/ora de gando ecolóxico, avicultor/ora ecolóxico/a, apicultor/ora ecolóxico/a, produtor/ora de leite ecolóxico, produtor/ora de ovos ecolóxicos, viveirista ecolóxico/a, e operador/ora de maquinaria agrícola e gandeira.

Cales son os módulos deste ciclo?

CursoMódulosHoras
Formación e orientación laboral107
Principios de sanidade vexetal107
Fundamentos agronómicos159
Fundamentos zootécnicos160
Implantación de cultivos ecolóxicos160
Infraestruturas e instalacións agrícolas107
Taller e equipamentos de tracción160
Comercialización de produtos agroecolóxicos70
Empresa e iniciativa emprendedora53
Manexo sanitario do agrosistema105
Formación en centros de traballo410
Produción gandeira ecolóxica210
Produción vexetal ecolóxica192



Que título se obtén?
Técnico en produción agroecolóxica.




 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS