Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Produción agropecuaria

Duración
2 cursos académicos (2.000 horas)
 
Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos e subprodutos agropecuarios atendendo a criterios de calidade e rendibilidade, realizando operacións de produción e de mantemento das instalacións e dos equipamentos, conforme a lexislación de protección ambiental, de prevención de riscos laborais, de benestar animal e de seguridade alimentaria.

Onde se realiza o traballo?
En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira, por conta allea ou por conta propia. Sitúanse dentro do sector agropecuario as seguintes actividades produtivas: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos; explotacións pecuarias; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira; empresas de servizo á agricultura e á gandaría; viveiros e hortas escolares; granxas escola.

En que postos de traballo?
Traballador/ora cualificado/a por conta allea en cultivos e gandaría, traballador/ora cualificado/a por conta propia en cultivos e gandaría, agricultor/ora, horticultor/ora, fruticultor/ora, floricultor/ora, criador/ora de gando, avicultor/ora, apicultor/ora, produtor/ora de leite, produtor/ora de ovos, operador/ora de maquinaria agrícola e gandeira.

Cales son os módulos deste ciclo?

CursoMódulosHoras
Fundamentos agronómicos159
Fundamentos zootécnicos160
Formación e orientación laboral107
Implantación de cultivos160
Infraestruturas e instalacións agrícolas107
Principios de sanidade vexetal107
Taller e equipamentos de tracción160
Formación en centros de traballo410
Control fitosanitario88
Empresa e iniciativa emprendedora53
Produción agrícola191
Produción de carne e outras producións gandeiras158
Produción de leite, ovos e animais para vida140

Que título se obtén?
Técnico en produción agropecuaria


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS