Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Xardinaría e floraría

Duración
2 cursos académicos (2.000 horas)
 
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en instalar, conservar e restaurar xardíns de exterior e interior, así como pradarías para uso deportivo, e realizar as actividades de produción de planta e de floraría, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións, consonte a normativa ambiental, de control de calidade e de prevención de riscos laborais.

Onde se realiza o traballo?
Desenvolve a súa actividade en empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, o mantemento e a mellora de xardíns de interior, de exterior e de zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas. Ademais, desenvolve actividades de comercialización e distribución, tanto por conta propia como por conta allea. Así mesmo, está capacitado para realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa e de acordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.

En que postos de traballo?
Traballador/ora de hortas, viveiros e xardíns; xardineiro/a en xeral; xardineiro/a coidador de campos de deporte; traballador/ora de parques urbanos e de xardíns históricos e botánicos; traballador/ora cualificado/a na instalación de xardíns e zonas verdes; traballador/ora cualificado/a en mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes; traballador/ora cualificado/a por conta propia en empresa de xardinaría; viveirista; traballador/ora en viveiros en xeral; traballador/ora cualificado/a en propagación de plantas en viveiros; traballador/ora cualificado/a en cultivo de plantas en viveiros; traballador/ora especialista en recolección de sementes e froitos en altura; traballador/ora cualificado/a en produción de sementes; enxertador/ora, traballador/ora cualificado en viveiros; florista por conta propia ou allea; oficial de floraría; vendedor/ora de floraría.

Cales son os módulos deste ciclo?

CursoMódulosHoras
Fundamentos agronómicos159
Implantación de xardíns e zonas verdes134
Infraestruturas e instalacións agrícolas107
Principios de sanidade vexetal107
Formación e orientación laboral107
Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro186
Taller e equipamentos de tracción160
Composicións florais e con plantas140
Control fitosanitario88
Empresa e iniciativa emprendedora53
Establecementos de floraría87
Formación en centros de traballo410
Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes175
Técnicas de venda en xardinaría e floraría87

Que título se obtén?
Técnico en xardinaría e floraría

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS