Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Xestión e organización de empresas agropecuarias

Duración

2 cursos académicos (2000 horas)

Competencia

Xestionar unha empresa agropecuaria, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles e os traballos necesarios para acadar os obxectivos dunha produción economicamente rendible e de calidade e protección do medio natural.

Contorno

Realizar traballos á fronte de explotacións agrarias de medianas dimensións; actuar como encargado responsable de explotacións agropecuarias; dirixir empresas de servizos a terceiros e centros cooperativos; integrarse en empresas de servizos de mecanización, actuando como encargado do taller de mantemento e reparación das máquinas utilizadas en explotacións agrarias. Do mesmo xeito, pódese integrar en explotacións de grandes dimensións e en cooperativas realizando tarefas ligadas a: traballos de campo, control e mantemento da maquinaria e equipos, alimentación, selección e reprodución gandeira, organización e xestión de explotacións, control de pragas e aplicación de fitosanitarios, técnicas de comercialización, etc.

Saídas

Xerente de explotación agraria, propietario de explotación agraria, encargado de máquinas e de equipos agrícolas, encargado do control da inseminación artificial, aplicador profesional, xefe de taller rural, capataz de rega, xefe de almacén de produtos agrícolas, xerente de cooperativas de produción de sociedades agrarias de transformación (SAT) e outras asociacións de produtores, encargado de control do medio natural.

Módulos

Módulo Horas
Fitopatoloxía185
Formación e orientación laboral55
Formación en centros de traballo380
Horas á disposición do centro80
Mecanización e instalacións nunha empresa agraria240
Organización e xestión dunha empresa agraria90
Produción agrícola345
Produción gandeira310
Proxecto integrado75
Relacións no contorno de traballo55
Xestión e organización da produción de plantas185

Título

Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias.

Xestión e organización de empresas agropecuarias

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS