Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Paisaxismo e medio rural

Duración
2 cursos académicos (2.000 horas)
 
Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para o desenvolvemento de proxectos de xardíns e zonas verdes, e a xestión da produción de plantas e da produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo a normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción en viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.

En que ámbitos se traballa?
Na área de xestión de empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, a restauración e o mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica, e produción de sementes e plantas en viveiro, por conta allea ou por conta propia. Ademais desenvolve actividades de organización, control e realización de tratamentos praguicidas regulados pola normativa.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en xardinaría. Deseñador/ora de zonas axardinadas que non requiran a redacción dun proxecto. Encargado/a da instalación de parques, xardíns e áreas recreativas urbanas e periurbanas. Encargado/a de mantemento, conservación e restauración de xardíns e parques (áreas recreativas urbanas e periurbanas, e medio natural). Traballador/ora por conta propia en empresas de xardinaría e restauración da paisaxe. Encargado/a de obras de xardinaría e restauración da paisaxe. Encargado/a de podas e operacións de cirurxía arbórea. Encargado/a ou capataz agrícola. Xestor/ora de produción agrícola, tanto convencional como ecolóxica, por conta propia ou allea. Responsable de almacén agrícola. Responsable de equipamentos de tratamentos terrestres. Encargado/a ou capataz agrícola de hortas, viveiros e xardíns, en xeral. Encargado/a de viveiros en xeral, tanto convencionais como ecolóxicos. Encargado/a de propagación de plantas en viveiro. Encargado/a de cultivo de plantas en viveiro. Encargado/a de colleita de sementes e froitos en altura. Encargado/a de produción de sementes e terróns de céspede. Encargado/a de almacén de expedicións de plantas, terróns de céspede e/ou sementes.

Cales son os módulos deste ciclo?

CursoMódulosHoras
Botánica agronómica80
Conservación de xardíns e céspedes deportivos160
Fitopatoloxía107
Formación e orientación laboral107
Maquinaria e instalacións agroforestais186
Topografía agraria107
Xestión e organización do viveiro213
Deseño de xardíns e restauración da paisaxe175
Empresa e iniciativa emprendedora53
Formación en centros de traballo384
Planificación de cultivos193
Proxecto de paisaxismo e medio rural26
Xestión de cultivos209

Que título se obtén?
Técnico superior en paisaxismo e medio rural.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS