Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Xestión forestal e do medio natural

Duración
2 cursos académicos (2.000 horas)


Que se aprende a facer?
Programar, organizar, supervisar e realizar, de ser o caso, os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando as persoas para a conservación e a mellora ambiental, con aplicación dos plans de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.


En que ámbitos se traballa?
Na área de xestión de empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, dedicadas á xestión forestal, á cinexético-piscícola, á de viveiros forestais, ao desenvolvemento de programas de educación ambiental, á información, comunicación, formación, interpretación e actividades de acompañamento e guía no medio socio-natural,e a vixilancia do medio natural e os seus recursos. Na extinción de incendios forestais como traballadores das administracións públicas. Así mesmo, para organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa.


Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de empresas de repoboacións forestais, de corrección hidrolóxico-forestal e de inventario forestal, de tratamentos silvícolas, de loita contra pragas forestais, de construción e mantemento de camiños forestais, de aproveitamentos forestais e de turismo cinexético-piscícola; coordinador/ora de unidade de prevención e extinción de incendios forestais, de vixiantes de incendios forestais e de vixilancia rural; traballador/ora por conta propia en reforestación, tratamentos silvícolas e contra pragas e enfermidades forestais; práctico/a de topografía, capataz forestal, encargado/a de propagación de plantas en viveiro, de recolección de sementes e froitos en altura, de actividades de asistencia técnica para planificar e realizar o seguimento e adecuación dos hábitat acuícola continental e das especies cinexéticas, de repoboacións cinexéticas, piscícolas e astacícolas, de parque natural, reserva de caza, coto, etc, da administración de universidades e centros de investigación, traballador/ora en control legal de depredadores, xestor/ora cinexético/a, axente forestal, garda de espazos naturais, educador/ora ambiental, monitor/ora da natureza.

Cales son os módulos deste ciclo?

CursoMódulosHoras
Botánica agronómica80
Fitopatoloxía 107
Formación e orientación laboral107
Maquinaria e instalacións agroforestais186
Técnicas de educación ambiental107
Topografía agraria107
Xestión dos aproveitamentos do medio forestal133
Xestión e organización do viveiro forestal133
Defensa contra incendios forestais105
Empresa e iniciativa emprendedora53
Formación en centros de traballo384
Proxecto de xestión forestal e conservación do medio26
Xestión cinexética105
Xestión da conservación do medio natural123
Xestión da pesca continental87
Xestión de montes157

 

Que título se obtén?
Técnico superior en xestión forestal e do medio natural.

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS