Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Proxecto "Avicultura ecolóxica"

Nº do convenio: 2012-1-ES1-LEO01-47429

1.- Introducción.
Este proxecto está dentro do programa de aprendizaxe permanente Leonardo da Vinci, acción de mobilidade para alumnos de formación profesional inicial.

Como promotor do proxecto está o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal “Pedro Murias” de Ribadeo e como socio de acollida o centro Cez Bergerie Nationale (Rambouillet Cedex - Francia).

Os participantes no proxecto son 14 alumnos do ciclo formativo de grao medio de produción agroecolóxica, ciclo que se implantou no centro o curso pasado. Estes alumnos permanecerán un período de 4 semanas no centro francés durante o mes de abril de 2013, no departamento de avicultura ecolóxica.

2.- Obxectivos do proxecto.
Mellorar cualitativamente e aumentar cuantitativamente a mobilidade en Europa das persoas en formación profesional inicial e continua, para lograr que, ao finalizar o Programa de aprendizaxe permanente, as estancias en empresas cheguen, polo menos, a 80.000 ao ano.

Mellorar cualitativamente e aumentar cuantitativamente a cooperación entre centros ou organizacións que brinden oportunidades de aprendizaxe, empresas, interlocutores sociais e outros organismos pertinentes de toda Europa.

Facilitar o desenvolvemento de prácticas innovadoras nos ámbitos da educación e formación profesional non terciaria e a súa transferencia, incluso entre distintos países participantes.

3.- Obxectivos específicos.
Que os participantes acaden coñecementos, capacidades e cualificacións con miras ao desenvolvemento persoal, a empregabilidade e a participación no mercado europeo.

Dentro da sección de avicultura do centro Bergerie Nationale realizaranse actividades encadradas nos contidos recollidos no apartado 6.

4.- Certificación.
A validación das capacidades adquiridas realizarase mediante o proceso de avaliación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no referente ao módulo de formación en centros de traballo.

O socio de acollida expedirá un diploma a cada participante.

Igualmente, expedirase o documento de Mobilidade Europass para cada participante.

5.- Formación dos participantes.

  • 10 horas de formación cultural da rexión e país de acollida
    • Xeografía
    • Actividades económicas
    • > Medios de comunicación
  • 3 horas de formación sobre o centro de acollida (material facilitado por este)
  • 3 horas sobre aspectos técnicos do proxecto
  • 40 horas de formación lingüística adaptada ás necesidades da estancia formativa
    • Coñecemento do idioma francés escrito e falado
    • Traballarase o vocabulario de relación persoal e técnico a utilizar na estancia no  período formativo
    • O socio de acollida achegará material para poder facer a formación lingüística

A formación realizarase nun período de 4 semanas en Cez Bergerie Nationale, no horario laboral da institución.

Establécese un período de formación dun mes (160 horas), cun horario de luns a venres con 8 horas cada día.

6.- Contido da formación.

  • A granxa (25 horas)
    • Mantemento dos parques
    • Equipamento do galiñeiro
    • Coidado dos comedeiros e bebedeiros
    • Coidado dos poñedoiros e nidais
  • Edificios e equipamentos complementarios (25 horas)
    • Almacenamento do grao e elaboración dos pensos
    • Selección, codificación, envasado e almacenamento dos ovos
  • Animais (25 horas)
    • Selección dos animais cos que debemos traballar
  • Alimentación (25 horas)
    • Necesidades de alimentación
    • Deseño da ración
    • Elaboración do penso
  • Manexo (25 horas)
    • Coidado da cama
    • Extracción do esterco
    • Realizar rotación nos parques
    • Posta e recollida de ovos
    • Coidado da iluminación
    • Corte de picos
    • Control do estrés nos animais
    • Estudo dos principais problemas no manexo
  • Sanidade (25 horas)
    • Estudo dos conceptos básicos de sanidade en avicultura
    • Estudo dos principais problemas sanitarios
  • Análises económicas (10 horas)
    • A necesidade de inversión
    • Custos de produción
    • Resultados económicos
    • Custos unitarios
    • Custos de produción do penso

7.- Descrición do socio de acollida.
En 1783, Luís XVI comprou a finca de Rambouillet ao seu curmán, o duque de Penthièvre, converténdoa nunha zona de caza. Pero tamén decidiu crear unha granxa experimental, que se traduciría na construción dunha “gran finca” en 1785. Esta dobre función será sempre a base deste sitio nacional.

A vocación da agricultura data de 1786 e a compra dun rabaño de ovellas Merino español, que deu a luz a “Merino Rambouillet”, que Luís XVI comprou ao seu primo o rei Carlos III de España pola calidade da la. A mellora da la é continua ata o inicio da Primeira Guerra Mundial.

Tamén en tempos de Luís XVI experiméntase na cría de animais como vacas, ovellas e cabras de angora, e continúa en tempos de Napoleón Bonaparte, que trouxo búfalos e cabalos belgas e árabes.

Tamén se realiza experimentación agrícola en 275 hectáreas de cultivos e pastos que ten a granxa.

O establecemento convértese en nacional rural imperial en 1804 co nacemento da primeira ovella imperial, en real desde 1815 ata 1848 e novamente en imperial desde 1853 ata 1870 baixo o Segundo Imperio. Nese momento (1840) creouse a raza de ovellas Ile-de-France, cruzando Dishley-Merino.

En 1794 a escola abre as portas aos pastores, creándose a escola nacional de ovellas.

Desde entón a escola foise diversificando:

  • 1946: creación da escola de inseminación artificial. O traballo iníciase coa chegada do señor Laplaud como director da Bergerie Nationale en 1938.
  • 1953: creación da Escola Nacional de aves de curral ecolóxicas.
  • 1955: creación de C.E.Z. pola consolidación de tres escolas (os pastores, as aves de curral e a inseminación).
  • 1965: creación da sección de técnicos superiores "gado" co apoio da Asociación de Antigos Alumnos Nationale Bergerie.
  • 1967: creación do centro de formación ecuestre.
  • 1993: creación do Centro de Formación de Aprendices en gandería ecolóxica.
  • 1994: creación de apoio ás empresas no tema da educación agrícola ecolóxica, con varios departamentos (agricultura sostible, fincas suburbanas, educación).

8.- Plan de traballo e tarefas.

  • Centro promotor:
    • Relación co socio de acollida
    • Organización da viaxe
    • Selección dos candidatos
    • Planificación conxuntamente co socio de acollida das actividades a realizar polos alumnos
    • Divulgación do proxecto
    • Seguimento do proxecto
    • Elaboración do Europass
    • Avaliación do proxecto conxuntamente co socio de acollida
    • Incorporar ao departamento do centro de emprendedores os resultados do proxecto con propostas de creación de pequenas empresas
    • Elaboración da páxina web do proxecto
    • Elaboración do libro electrónico do proxecto
    • Divulgación dos resultados do proxecto
  • Centro de acollida:
    • Planificación de actividades para os participantes no proxecto
    • Planificación de actividades culturais para os participantes
    • Organización da acollida (hotel, restaurante) para os participantes
    • Seguimento das actividades
    • Participar na elaboración do Europass
    • Avaliación do proxecto
    • Formular propostas de mellora para futuros proxectos
    • Divulgación do proxecto na comunidade de acollida (Île de France)

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS