Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Proxecto "OLOMOUC – TRAINING"

Nº do convenio: 2012-1-ES1-LEO03-47430

1.- Introducción.
Este proxecto está dentro do programa de aprendizaxe permanente Leonardo da Vinci, acción de mobilidade para profesores de formación profesional.
Como promotor do proxecto está o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal “Pedro Murias” de Ribadeo e como socio de acollida o centro Stredni Skola Polytechnicka de Olomouc (República Checa).

Os participantes no proxecto son 6 profesores que imparten ensinanza no ciclo formativo de grao medio de produción agroecolóxica, ciclo que se implantou no centro o curso pasado.

2.- Obxectivos do proxecto.
Mellorar cualitativamente e aumentar cuantitativamente a mobilidade en Europa das persoas en formación profesional inicial e continua, para lograr que, ao finalizar o Programa de aprendizaxe permanente, as estancias en empresas cheguen cando menos a 80.000 ao ano.

Mellorar cualitativamente e aumentar cuantitativamente a cooperación entre centros ou organizacións que brinden oportunidades de aprendizaxe, empresas, interlocutores sociais e outros organismos pertinentes de toda Europa.

Facilitar o desenvolvemento de prácticas innovadoras nos ámbitos da educación e formación profesional non terciaria e a súa transferencia, incluso entre distintos países participantes.

Mellorar a transparencia e o recoñecemento de cualificacións e competencias, incluídas as adquiridas mediante o recoñecemento da ensinanza non formal ou informal.

Fomentar o aprendizaxe das linguas estranxeiras modernas.

Apoiar o desenvolvemento de contidos, servizos pedagóxicos e prácticas de aprendizaxe permanente innovadoras baseadas nas TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación).

3.- Obxectivos específicos e estratexias.
Coñecer o sistema educativo da República Checa, en relación a todos os sistemas de formación profesional.

Coñecer centros de formación agraria e en gandería ecolóxica.

Coñecer empresas ou institucións na República Checa de agricultura e gandería ecolóxica.

Establecer relación con empresas ou institucións para que os futuros alumnos poidan realizar prácticas a través do programa de mobilidade Leonardo da Vinci neste país.

4.- Fases e calendario do proxecto.

  • Elaboración e presentación do proxecto (antes do 3 de febreiro de 2012).
  • Aprobación do proxecto.
  • Realización da páxina web do proxecto.
  • Difusión do proxecto (medios de comunicación, comunidade escolar, concello e asociación de empresarios de Ribadeo).
  • Información do proxecto utilizando os recursos web (coordinador do proxecto).
  • Formación lingüística en inglés dos temas a tratar na estancia formativa e intercultural (durante os meses de xaneiro e febreiro de 2013, nas tardes non lectivas, en horario de 15,30 a 18,30 horas).
  • Organización da viaxe, seguros e outras intendencias necesarias (coordinador do proxecto).
  • Información aos participantes sobre a viaxe e entrega do programa de actividades (coordinador do proxecto).
  • Estancia formativa (terceira semana de abril de 2013)
    • Luns 15. Ida: Santiago de Compostela-Praga e traslado de Praga en coche de aluguer a Olomouc.
    • Martes 16. Mañá: reunión no centro Stredni Skola Polytechnicka - Olomouc. Tarde: visita cultural ao centro histórico de Olomouc e ao museo desta cidade.
    • Mércores 17. Mañá: reunión na empresa ÚSOVSKO, A.S. Tarde: visita ao Centro Rexional de Educación en Olomouc.
    • Xoves 18. Mañá: reunión no centro Střední škole sociální péče a služeb-Zábřeh. Tarde: visita ao centro histórico de Praga.
    • Venres 19. Mañá: reunión no centro Střední škola zemědělská, Český Těšín - Cesky, con presentación do proxecto. Tarde: reunión na Escola Central de Agricultura Ecolóxica de Saaz.
    • Sábado 20. Reunión no centro Stredni Skola Polytechnicka - Olomouc.
    • Domingo 21. Regreso a España.
  • Seguimento do proxecto (coordinador do proxecto).
  • Avaliación (empresa de acollida, equipo docente e axentes externos). Mes de xuño de 2013.
  • Difusión dos resultados do proxecto (socios do proxecto, participantes e coordinador do proxecto). Xuño de 2013.
  • Rematar de cargar na web os datos do proxecto.

5.- Certificación.
Expedirase o documento de Mobilidade Europass, así como unha certificación por parte do socio de acollida.

Tamén a Xunta de Galicia certificará 35 horas a cada participante no proxecto.

O socio de acollida expedirá un diploma a cada participante.

6.- Formación dos participantes.

  • 10 horas de formación cultural da rexión e país de acollida
    • Xeografía
    • Actividades económicas
    • Medios de comunicación
  • 3 horas de formación sobre o centro de acollida (material facilitado por este)
  • 3 horas sobre aspectos técnicos do proxecto
  • 40 horas de formación lingüística adaptada ás necesidades da estancia formativa
    • Coñecemento do idioma inglés escrito e falado
    • Traballarase o vocabulario de relación persoal e técnico a utilizar na estancia no  período formativo
    • O socio de acollida achegará material para poder facer a formación lingüística

7.- Descrición do socio de acollida.
A Escola Politécnica STREDNI SKOLA, que ten sobre 800 alumnos de idades comprendidas entre 16 e 26 anos, é un centro público que traballa en colaboración coas empresas locais e nacionais para asegurar que os seus cursos se adaptan aos estándares actuais e ás necesidades do futuro.

Ten todo tipo de instalacións para a formación, con comedores e residencia para os estudantes.

Imparte ensinanzas de mantemento e reparación de vehículos, construción, carpintería, ciencias empresariais, fontanería, electricidade.

En relación á experiencia en proxectos, participou cos centros Kungbacka en Suecia e Hof en Alemaña en proxectos Leonardo da Vinci e programas Comenius.

Pertence a unha agrupación de centros de formación profesional no seu país na que se encontran tamén varios centros de formación profesional agraria con formación en agricultura e gandería ecolóxica.

8.- Plan de traballo e tarefas.

  • Centro promotor:
    • Elaboración do proxecto
    • Elaboración da páxina web do proxecto
    • Organización do proxecto
    • Organización do viaxe
    • Elección dos participantes
    • Formación dos participantes
    • Distribución e coordinación do traballo a realizar por cada centro
    • Avaliación do proxecto
    • Difusión do proxecto, despois da súa aprobación e unha vez rematado
  • Centro de acollida:
    • Elaborar un programa de actividades tendo en conta as peticións do socio promotor
    • Cooperación co socio promotor en canto á planificación e a avaliación do proxecto
    • Organización do programa na República Checa
    • Difusión do proxecto e dos resultados
    • Certificación dos participantes

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS