Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Producións agrícolas

Duración
580 horas

Competencia xeral
Executar operacións auxiliares en cultivos agrícolas seguindo instrucións de superiores ou o plan de traballo, e cumprindo as medidas de prevención de riscos laborais, calidade e protección ambiental.

Competencias profesionais, persoais e sociais
As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan deseguido:

  • Preparar unha pequena superficie do terreo, manualmente ou con axuda de maquinaria sinxela, e adecuala para a implantación de cultivos.
  • Instalar pequenas infraestruturas de protección de cultivos, manualmente ou con axuda de maquinaria sinxela.
  • Sementar nunha pequena superficie de terreo, no momento adecuado e coa profundidade axeitada para cada tipo de semente.
  • Preparar sementeiros no invernadoiro, dependendo do cultivo, e realizar as correspondentes operacións auxiliares de reprodución e propagación.
  • Plantar ou transplantar cultivos distribuídos sobre o terreo, consonte as súas especificacións.
  • Regar o cultivo, manualmente ou accionando mecanismos sinxelos, para satisfacer as súas necesidades hídricas.
  • Fertilizar os cultivos manualmente para satisfacer as súas necesidades e evitar carencias nutritivas.
  • Aplicarlle ao cultivo tratamentos fitosanitarios na dose e no momento indicados, para manter a sanidade das plantas.
  • Realizar operacións culturais de mantemento do solo e do cultivo con ferramenta e con pequena maquinaria.
  • Recoller os produtos e os subprodutos agrícolas no momento indicado e coas técnicas adecuadas para cada tipo de produto.
  • Preparar materias primas agrarias e/ou agroalimentarias, atendendo ás súas características, para a súa posterior transformación e o seu acondicionamento.
  • Realizar operacións auxiliares de mantemento de equipamentos e instalacións, con garantía do seu funcionamento e da súa hixiene.
  • Cumprir as especificacións establecidas no plan de prevención de riscos laborais, para detectar e previr os riscos asociados ao posto de traballo.
  • Aplicar as medidas de protección para reducir o impacto ambiental na actividade propia.
  • Manter unhas adecuadas relacións profesionais no contorno de traballo, traballando en equipo cun espírito de colaboración.
  • Actuar con confianza na propia capacidade profesional e prestar atención ás innovacións que dentro do sector se produzan e fomenten o seu desenvolvemento profesional.

Contorno profesional

  1. Ámbito profesional. Desenvolve a súa actividade profesional na área de produción en empresas grandes, medianas e pequenas, tanto públicas (no ámbito das administracións local, autonómica e estatal) como privadas (dedicadas ao cultivo agrícola). Así mesmo, ten capacitación para realizar tratamentos praguicidas a nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.
  2. Sectores produtivos. Localízase no sector agrario, dentro do subsector agrícola, nas actividades produtivas de explotacións agrícolas, extensivas, hortícolas, frutícolas, de cultivos herbáceos e de flor cortada.
  3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.
    • Peón agrícola.
    • Peón agropecuario.
    • Peón en horticultura.
    • Peón en fruticultura.
    • Peón en cultivos herbáceos.
    • Peón en cultivos de flor cortada.

Cales son os módulos deste perfil profesional?

MódulosHoras
Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos agrícolas140
Operacións auxiliares de rega, fertilización e control da sanidade en cultivos agrícolas140
Operacións auxiliares nos cultivos e de mantemento de instalacións en explotacións agrícolas140
Formación en centros de traballo 160


Certificación que se obtén
Certificación académica que garante as competencias profesionais necesarias para desempeñar a profesión, que terá efectos de acreditación das competencias profesionais de nivel 1 adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. Ademais, poderá obter da Administración laboral o certificado de profesionalidade correspondente.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS