Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Xardinaría e viveirismo

Duración
580 horas

Competencia xeral
Executar operacións auxiliares para a implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, así como para a produción e o mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría, seguindo instrucións de superiores ou un plan de traballo, conforme as medidas de prevención de riscos laborais, de calidade e de protección do medio.

Competencias profesionais, persoais e sociais
As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan deseguido:

  • Preparar a maquinaria, os equipamentos, os útiles e as ferramentas para levar a cabo as operacións básicas relacionadas coa produción, a implantación e o mantemento de plantas.
  • Preparar o terreo e o substrato para a implantación e a produción do materia vexetal, tendo en conta o seu uso posterior, coas ferramentas e os útiles necesarios.
  • Realizar labores de produción de planta en viveiro ou en invernadoiro consonte o plan establecido.
  • Realizar os traballos básicos para a multiplicación sexual do material vexetal seguindo o protocolo establecido.
  • Realizar os traballos básicos para a arrancada e a viveiraxe da planta asegurando a súa viabilidade.
  • Realizar os traballos básicos para a instalación de infraestruturas para a protección de cultivos e a rega, con criterios de redución da súa incidencia no medio.
  • Sementar céspedes e implantar tepes, procurando unha boa nacenza ou un bo arraigo.
  • Fertilizar homoxeneamente o xardín, o parque ou a zona verde, coa dose correcta, no momento axeitado e co equipamento indicado.
  • Regar o xardín, o parque ou a zona verde, de xeito que se asegure que as necesidades hídricas queden cubertas.
  • Realizar labores de mantemento e mellora de xardíns aplicando técnicas básicas de sega, poda de arbustos, rega, aireación, etc.
  • Procurar a limpeza e o coidado das zonas axardinadas, e realizar pequenas reparacións en obras de construcións, valados, escaleiras, e outros adornos e accesorios dos xardíns.
  • Prever a contaminación provocada por praguicidas, fertilizantes e elementos plásticos, aplicando as normas de seguridade e de prevención ambiental.
  • Actuar con confianza na propia capacidade profesional e prestar atención ás innovacións que se produzan dentro do sector e que fomenten o seu desenvolvemento profesional.

Contorno profesional

  1. Ámbito profesional. Desenvolve a súa actividade profesional en empresas das administracións públicas, así como en empresas privadas dedicadas á instalación e ao mantemento de xardíns e de zonas verdes, e á produción de plantas. Así mesmo, ten capacitación para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.
  2. Sectores produtivos. Localízanse no sector agrario, dentro do subsector de xardinaría, nas seguintes actividades produtivas:
    • Servizos públicos de parques, xardíns e zonas verdes.
    • Empresas de xardinaría.
    • Viveiros e centros de xardinaría.
  3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.
    • Peón de xardinaría.
    • Peón de viveiro.
    • Peón de centros de xardinaría.
    • Peón de campos deportivos.

Cales son os módulos deste perfil profesional?

MódulosHoras
Operacións básicas en viveiros e centros de xardinaría140
Operacións básicas para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes140
Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes140
Formación en centros de traballo160


Certificación que se obtén
Certificación académica que garante as competencias profesionais necesarias para desempeñar a profesión, que terá efectos de acreditación das competencias profesionais de nivel 1 adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. Ademais, poderá obter da Administración laboral o certificado de profesionalidade correspondente.


 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS