Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Equipamento do CIAM

Localización e persoal

O CIAM está na parroquia de Mabegondo, concello de Abegondo a 26 km da Coruña, nun edificio de aproximadamente 7.400 m² construídos, dos que uns 2.000 m² son laboratorios.

Abrangue catro fincas: 300 ha na finca principal do Monte en Mabegondo e 20 ha na finca de Bos en Guísamo, as dúas con climatoloxía atlántica; 180 ha na zona de agricultura de montaña na finca Marco da Curra en Monfero e 25 ha na granxa da Pobra do Brollón (Lugo) con clima continental.

Hai construídos ademais 1200 m² de invernadoiros e uns 10.000 m² de naves, entre aloxamentos para gando vacún e ovino, almacéns, talleres, silos e outras construcións agrícolas.

O CIAM compóñeno tres departamentos: Produción Animal, Pastos e Cultivos, e Coordinación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O cadro de persoal estable é de aproximadamente 100 traballadores incluíndo investigadores, técnicos, auxiliares de laboratorio, administrativos e persoal laboral. Outros 50, incluíndo bolseiros e persoal eventual contratado, fan que o total sexa duns 150 traballadores.

Equipamento

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS