Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Centros de investigación >> CIAM >> Liñas de Investigación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Liñas de investigación do CIAM

O obxectivo das liñas de investigación que se desenvolven no CIAM é promover e desenvolver o coñecemento e a tecnoloxía relacionados co incremento da competitividade do sector agrario. Aportan solucións aos problemas de natureza técnica que limitan a capacidade competitiva das explotacions. Úsase un enfoque de mercado e de sustentabilidade que abrangue a protección do ambiente, o uso racional dos recursos naturais e a conservación da biodiversidade.

  • Mellora da calidade e da seguridade na alimentación animal tanto nos ensilados como nos concentrados.
  • Mellora xenética do maínzo. Varios híbridos comerciais adaptados ás condicións locais foron producidos no centro. Tamén se conseguiron varias liñas puras. No 2002 comezáronse a usar marcadores SSR para distinguir liñas puras e híbridos de maínzo.
  • Mellora xenética dos pastos. Foron desenvolvidas variedades de raigrás, dactilo e trevo violeta adaptadas ás condicións locais.
  • Conservación e caracterización de recursos fitoxenéticos autóctonos de Galicia: maínzo, trigo, centeo, raigrás, dactilo, festuca, pereira e maceira.
  • Valoración agronómica de variedades pratenses e de maínzo forraxeiro.
  • Identificación de variedades de raigrás e de dactilo.
  • Rotacións forraxeiras convencionais e ecolóxicas, estudando maínzo forraxeiro, mesturas cereal-leguminosa para ensilar, laboreo convencional, sementeira directa, calidade do solo e custos de produción.
  • Recuperación de variedades tradicionais de trigo con calidade panadeira e obtención doutras novas a través da mellora xenética.
  • Mellora xenética do pemento para obter resistencia ao Phytophthora. Estudo do mal do pé na xudía. Recuperación de variedades locais de pemento e de cebola para a súa avaliación agronómica e a súa caracterización.
  • Estudo do ciclo de nutrientes nas explotacións gandeiras integrando a utilización de xurro e demais residuos orgánicos.
  • Obtención e caracterización de cultivos microbianos de interese para a industria láctea. Tamén se estuda a evolución dos queixos cando se envasan en atmosferas modificadas.
  • Valoración nutritiva das forraxes naturais e das conservadas usando técnicas in vivo, in vitro e NIRS.
  • Estudos da produción de carne e de leite para a sustentabilidade dos sistemas. Hai tamén integrantes dun grupo de traballo internacional comparando os custos de produción do leite nos diferentes países da UE.
  • Calidade nutritiva da carne e da graxa de vacún susceptible de ser aceptada polos distintivos de calidade, a través do estudo dos ácidos graxos.
  • Produción eficiente de carne (vacún e ovino) e leite cos recursos propios da explotación (forraxe fresca e ensilada).
  • Diagnose e epidemioloxía dalgunhas enfermidades que afectan ao gando vacún e ao ovino en Galicia, como a neosporose bovina e a fasciolose bovina e ovina.
Liñas de investigación

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS