Medio Rural

Publicacións do CIAM

Valor agronómico das variedades comerciais de gramíneas e leguminosas pratenses (111 Kb)

Obxectivo:
Coñecer o comportamento agronómico das variedades de raigrás italiano, raigrás inglés, raigrás híbrido, dactilo, festuca alta, trevo violeta, trevo branco e alfalfa en distintas localidades de Galicia e da Cornixa Cantábrica. Este programa comezou no ano 1978 e continúa na actualidade.

Autoría : N. Díaz, M. Bande, J. Piñeiro, Mª D. Díaz e J. Fernández

Millo para gran e forraxe nas explotacións galegas (279 Kb)

Obxectivos:
Hoxe en día as explotacións gandeiras modernizadas cultivan maioritariamente o millo para uso forraxeiro como ensilado. Deste xeito aproveitan de forma integral a planta enteira. Polo tanto cómpre facer investigacións neste eido para obter variedades melloradas para uso como forraxe ensilada.

Autoría : Laura Campo, José Manuel Rodríguez Méndez e Jesús Moreno-González

A asociación triticale-chícharo fronte ao raigrás italiano como cultivo invernal para ensilar en rotación co millo (114 Kb)

Obxectivos do ensaio
Comparar a produción e o valor nutritivo do cultivo asociado triticale-chícharo
fronte ao raigrás italiano, cultivados na gran parcela e colleitos en dúas datas diferentes.
Avaliar o efecto destes cultivos e a súa data de corte sobre a produción de millo posterior.

Autoría : B. Fernández-Lorenzo, Gonzalo Flores, Antonio González e Juan Valladares

Efectos ambientais derivados da aplicación de xurros de vacún e porco en pradeiras. Aplicación das técnicas de inxección superficial de xurro (191 Kb)

Obxectivo:
Avaliar o efecto do tipo de fertilización (fertilización mineral ou xurros de vacún e porco) e a técnica de aplicación do xurro (inxección ou en bandas) en relación coa produción forraxeira e as perdas de N (lixiviación, emisións de óxidos de N como o N2O) en pradeiras.

Autoría : Dolores Báez Bernal, Juan Castro Insua, MªJosé Casal Bouza e Juan Valladares

Caracterización agronómica e morfolóxica de ecotipos hortícolas (516 Kb)

Obxectivos:
Definir as características morfolóxicas dos distintos ecotipos e estudar o seu
comportamento agronómico.

Autoría : Antonio Rivera, Angel Taboada, Federico Pomar, Lucio Tarrén e José Manuel Bao

Estudos fitopatolóxicos en cultivos hortícolas galegos (284 Kb)

Obxectivos:
Coñecemento da etioloxía das enfermidades.
Optimización da aplicación de funxicidas.
Estudo de mecanismos de resistencia vexetais.
Aplicación da mellora xenética.

Autoría : Federico Pomar, Antonio Rivera e Angel Taboada

Estudos das moscas brancas no cultivo do tomate en Galicia (123 Kb)

Autoría : Antonio Gobbi Arias, Julia Vázquez Vila e Antonio Rivera

Produción eficiente de leite cos recursos da explotación (271 Kb)

Preténdese poñer a disposición de técnicos e gandeiros información e documentos cun dobre obxectivo:
Que dispoñan de instrumentos para a toma de decisións.Permitir aos usuarios a actualización dos seus coñecementos.

Autoría : Antonio González Rodríguez e Orlando Vázquez Yánez

A necesidade de fermentos autóctonos para a mellora dos queixos tradicionais galegos e para o desenvolvemento de novos produtos alimenticios (78 Kb)

Obxectivo:
Caracterizar e seleccionar os microorganismos autóctonos de maior interese tecnolóxico para ser empregados pola industria láctea galega.

Autoría : Patricia Rodríguez, Cristina I. Fernández, Raquel Lage e J. Ignacio Garabal

Produción de carne de calidade en rabaños de vacas mosexas de raza rubia galega (81 Kb)

Obxectivo:
Desenvolver sistemas de produción de carne axeitados ás condicións sociais, agrarias e comerciais de Galicia para acadar un mellor aproveitamento dos nosos recursos, o máximo beneficio económico.

Autoría : L. Monserrat, T. Moreno, D. Franco, E. M. Bispo, N. Pérez e V. Amor

O engorde de tenreiros con ensilados de forraxes (178 Kb)

Autoría : Jaime Zea Salgueiro e Mª Dolores Díaz Díaz

Efecto dos sistemas de manexo do gando vacún sobre a calidade da carne (81 Kb)

Autoría : Teresa Moreno, Lorenzo Monserrat, Daniel Franco, Esperanza Bispo e Nuria Pérez

A Fasciolose en galicia. Novos métodos de diagnóstico (178 Kb)

Autoría : M. Mezo, M. González, Mª C. Carro, I. Rodríguez, X. Cortizo e J. A. Castro

Cryptosporidiose e giardiose nas gandarías bovina, ovina e caprina (309 Kb)

Autoría : J. A. Castro, Marta González, Ignacio García, Mª Carmen Carro, Xabier Cortizo e Mercedes Mezo


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS