Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Equipamento da Estación de Baixo Miño

Infraestrutura e persoal

No edificio principal están a administración, os despachos, as aulas o salón de actos, a biblioteca, os almacéns e o laboratorio. Tamén dispón de almacéns de maquinaria e produtos, cámara frigorífica de conservación, cámara de xerminación, galpón de clasificación e galpón de rega e fertirrega.

A finca ten aproximadamente 7 ha, das que 4600 m² son de invernadoiros repartidos en 9 módulos de 200 m2 e 7 de 400 m2 cada un; deles 1200 m2 dispoñen de calefacción.
Preto de 7000 m2 están acondicionados para cultivos a pleno campo. O viñedo ocupa unha superficie de 14500 m2 e as árbores de froita 2500 m2.

A finca régase con auga obtida de 6 pozos de barrena que verten nunha balsa desde a que se bombea a toda a finca.

Disponse de maquinaría agrícola de laboreo: apeiros (grada de discos e subsolador, entre outros), dous tractores, máquinas sementadoras, plantadoras, desbrozadoras, máquinas de aplicación de produtos fitosanitarios...

O persoal técnico está composto por tres persoas, o administrativo por dúas e o laboral por seis.

Equipamento

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS