Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Centros de investigación >> Estación Baixo Miño >> Transferencia de tecnoloxía
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Transferencia de tecnoloxía na Estación de Baixo Miño

Divúlganse cada ano unha ducia de publicacións que se distribúen entre 700 agricultores, institucións e casas comerciais, cos resultados dos ensaios estatísticos, monográficos, relatorios en congresos e outras experiencias.

Cada ano celébrase unha xornada de portas abertas e fanse xornadas técnicas monográficas, particípase no Seminario de Especialistas de Horticultura -cuxas ponencias edita o MAPA- e colabórase con outros organismos.

Efectúanse ensaios sobre técnicas do cultivo do tomate en coordinación cos técnicos das cooperativas, os socios e os colaboradores das mesmas.

As experiencias obtidas e divulgadas nos últimos anos permitiron que os horticultores se beneficiaran das novas tecnoloxías, utilizaran as variedades recomendadas e introduciran o cultivo de novas especies como:

  • Tomate: variedades longa vida, produción continuada, acolchado, fertirrega...
  • Pemento: novas variedades.
  • Leituga: cultivo de verán ao aire libre, variedades resistentes á “subida á flor” e acolchados, entre outras.
  • Coliflor e repolo: Uso de variedades de distintos ciclos co fin de alargar o período de recolección.
  • Amorodo: cultivo elevado sen solo e con variedades reflorescentes.
  • Introdución de especies pouco cultivadas en Galicia: porro, cabaciña, pepino e berenxena, entre outras.
  • Florícolas: Introdución de especies pouco coñecidas como Lisiantus, Státice, Limonium, Godethia e Ranúnculos, entre outras.
  • Novas variedades de bulbosas.
  • Técnicas de cultivo programado de crisantemo para produción continuada.
  • Rendibilidade do emprego de calefacción en rosa xerbera.
  • Poda de pulmón no rosal.

No programa de mellora de variedades autóctonas téñense rexistradas as de pemento Entenza (Padrón), Branco Rosal e Punxín.

Formación

Dentro do programa de formación continua desenvólvense cursos de:

  • Incorporación de mozos á empresa agraria
  • Curso de 250 horas de horto-floricultura
  • Curso de 250 horas de xardinería
  • Cursos de tecnoloxía agraria: viticultura, fruticultura, apicultura, elaboración de licores, enoloxía, cata de viños, deseño en xardinería, agricultura ecolóxica, poda de árbores de froita, gando vacún extensivo, repoboación forestal e tratamentos silvícolas.
  • Cursos de temas xerais agrarios: árbores monumentais, arte floral, micoloxía, lexislación forestal e xestión de montes en man común.
  • Cursos de aplicadores-manipuladores de produtos fitosanitarios niveis básico e cualificado.
Transferencia tecnolóxica

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS