Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Centros de investigación >> EVEGA >> Liñas de investigación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Liñas de investigación do EVEGA

O obxectivo da Estación é optimizar a produción vitivinícola través da investigación e da experimentación. As liñas que se seguen son:

Viticultura

  • Constitución dun banco de xermoplasma, con recollida, conservación e estudo de variedades de cultivo ancestral en perigo de extinción.
  • Selección clonal e sanitaria de variedades de vide autóctonas, en particular das recoñecidas como preferentes nos regulamentos das distintas denominacións de orixe.
  • Determinación das técnicas óptimas de cultivo do viñedo, con especial atención á xeometría das plantacións (densidade e marco de plantación, sistemas de condución e poda) nas distintas zonas de cultivo.
  • Determinación das técnicas idóneas de mantemento do solo no viñedo.
  • Establecemento de sistemas óptimos de defensa fitosanitaria do viñedo, priorizando os mecanismos de loita integrada.

Enoloxía

  • Caracterización dos viños producidos nas distintas denominacións de orixe galegas mediante parámetros físico-químicos que poidan aportar elementos diferenciadores (compoñentes aromáticos, contidos en elementos metálicos ou parámetros de cor, entre outros)
  • Determinación das técnicas idóneas de vinificación das variedades de vide galegas con atención á problemática específica das distintas denominacións de orixe.
  • Fixación das condicións óptimas de conservación dos viños galegos nos ensaios de consumo mediante o estudo da evolución a curto, medio e longo prazo dos seus compoñentes físicos e químicos.
  • Estudo das técnicas de destilación das augardentes de bagazo galego e tipificación entre os posibles competidores no ámbito europeo.

Laboratorio de análise

  • Análises dos viños producidos nas distintas denominacións de orixe. Determínanse os parámetros de acordo coas metodoloxías C.E.E., Regulamento 2676/90 da Comisión Europea, no que se regulan os métodos de análise comunitarios que se poden aplicar no sector.
  • Investigación mediante parámetros físico-químicos e biolóxicos que poidan aportar elementos diferenciadores (compoñentes aromáticos, contidos en elementos metálicos ou parámetros de cor, entre outros).
Liñas de investigación

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS