Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Formación continua
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Formación continua

A importancia do sector agrario en Galicia, así como a evolución e especialización da agricultura e a silvicultura debido fundamentalmente aos cambios económicos, tecnolóxicos e ambientais, esixen un nivel axeitado de formación no sector técnico e económico. Esta formación estará destinada á sensibilización en materia de calidade dos produtos, xestión sustentable dos recursos naturais, incluídos os relativos ao asesoramento de explotacións no ámbito da condicionalidade, xestión técnico-económica, incorporación de novos activos agrarios, protección do medio e conservación da paisaxe e seguridade e saúde laboral no sector agroforestal.

Estas actividades comprenden cuestións relativas ao aumento da competitividade do sector tanto agrícola coma forestal. As accións formativas poden estar organizadas pola Consellería do Medio Rural ou polos prestadadores de servizos de formación agroforestal habilitados pola Consellería en conformidade o marco legal vixente.

Para máis información, poñerse en contacto coa unidade administrativa ou prestador de servizos de formación agroforestal que imparta a acción formativa.

Buscador de cursos organizados pola Consellería do Medio Rural

Acceder ao buscador

 

Solicitude de realización das probas de avaliación para obter os carnés de usuario profesional de produtos fitosanitarios

 

Rexistro de prestadores de servizos de formación agroforestal

Instrucións relativas aos cursos de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios organizados polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural

Material divulgativo


Material formativo

1. Agroecoloxía

2. Benestar animal

3. Seguridade e saúde laboral

4. Uso sostible de fitosanitarios

 

5. Cursos de aptitude empresarial agraria

6. Outros


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS