Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) é un ente de dereito público, adscrito á Consellaría do Medio Rural, creado no ano 2005, pola Lei 2/2005 do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

O obxecto do Ingacal é a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector alimentario. Así mesmo o Instituto é o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade.

Historia

Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, determina a creación do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal, como un ente de dereito público con personalidade xurídica de seu, aínda que sometido á dirección estratéxica da Consellaría do Medio Rural.

O seu regulamento foi publicado o 18 de xaneiro de 2007 no  Decreto 259/2006, do 28 de decembro polo que se aproba o Regulamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Actividade

A actividade do Instituto céntrase fundamentalmente nas seguintes:

  • Desenvolver a investigación agrícola, gandeira e alimentaria.
  • Impulsar o desenvolvemento rural e a transferencia tecnolóxica.
  • Promocionar e protexer a calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade.
  • Facilitar o funcionamento dos consellos reguladores na xestión, control e certificación dos produtos acollidos a denominacións de calidade.

Obxectivos

  • Investigación aplicada e desenvolvemento tecnolóxico no sector alimentario de Galicia.
  • Investigación orientada cara á seguridade das materias primas alimentarias, no que sexa competencia da administración agraria.
  • Posta en valor das distintas actuacións tecnolóxicas e investigadoras, e as que deriven do acervo de coñecemento do instituto, mediante as fórmulas axeitadas de divulgación ou comercialización, así como as de participación e imbricación dos distintos subsectores das propias actuacións del.
  • Promoción e participación directa nas operacións concretas de desenvolvemento nas que se dean as circunstancias de interese territorial ou estratéxico, insuficiente participación dos axentes económicos e necesidade de estruturar ou reestruturar un ámbito produtivo vinculado ao sector alimentario e que lle sexan encomendadas nos termos que se establezan regulamentariamente.
  • Actuacións de control e certificación dos produtos acollidos ás distintas figuras de protección da calidade alimentaria do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Promoción e defensa da calidade dos devanditos produtos.
  • Prestación de todo tipo de servizos de asesoramento e xestión aos consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade e aos órganos de xestión doutras figuras de protección da calidade alimentaria.

Estrutura

 

 

Ingacal

Instituto galego da calidade alimentaria
15881 Boqueixón
(A Coruña)
Pazo de Quián S/N- Sergude
Tel.: 881 997 276
Fax: 981 546 676
correo

 

Proxecto WINETech

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS