Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Control e Certificación

Que é o Control e Certificación?

O  establecemento dun sistema de certificación de produto ten como finalidade demostrar ó mercado e aos organismos reguladores que un provedor pode e de feito produce produtos que cumpren os requisitos dun documento normativo.

Nun sistema de certificación de produto, as funcións do provedor e da entidade de certificación son complementarias, sendo o primeiro responsable da conformidade do produto e o segundo responsable do funcionamento dun programa de certificación que inspire confianza ao mercado e aos organismos reguladores en dita conformidade.

Regulamentación
Segundo  o Regulamento europeo (CE) nº 510/2006 do Consello do 20 de marzo de 2006 sobre a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios , os organismos de certificación dos produtos de indicacións xeográficas e denominacións de orixe relativas a unha zona xeográfica situada na Comunidade europea ou nun terceiro país deberán cumprir a Norma Europea EN 45011 ou a Guía ISO/IEC 65, e a partir do 1 de maio de 2010, deberán estar acreditados de conformidade cunha das mencionadas normas.

Na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega establécese que o control e a certificación dos produtos amparados por unha denominación xeográfica en Galicia poderán ser efectuados:

  • Por medio dunha entidade independente de control que axuste o seu funcionamento aos requisitos establecidos nas normas mencionadas anteriormente e autorizada pola consellaría competente verbo da natureza do produto protexido pola denominación.
  • Por un órgano integrado no propio consello regulador, sempre e cando se cumpran unha serie de requisitos.
  • Polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), mediante o departamento correspondente integrado na súa estrutura.

En calquera caso, a consellaría competente verbo da natureza do produto protexido poderá efectuar aqueles controis complementarios que considere convenientes tanto aos operadores coma aos órganos ou ás entidades de control.

O Control e a Certificación no INGACAL

O  departamento do Ingacal encargado deste control e certificación é o departamento de protección da calidade diferencial.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS