Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Liñas de investigación - Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM)

O obxectivo das liñas de investigación que se desenvolven no CIAM é promover e desenvolver o coñecemento e a tecnoloxía relacionados co incremento da competitividade do sector agrario. Aportan solucións aos problemas de natureza técnica que limitan a capacidade competitiva das explotacións. Úsase un enfoque de mercado e de sustentabilidade que abrangue a protección do ambiente, o uso racional dos recursos naturais e a conservación da biodiversidade.


Pastos e cultivos

  • Mellora xenética do maínzo.
  • Valoración agronómica de variedades pratenses e de maínzo forraxeiro.
  • Identificación de variedades de raigrás e de dactilo.
  • Rotacións forraxeiras convencionais e ecolóxicas.
  • Recuperación de variedades tradicionais de trigo.
  • Valoración nutritiva das forraxes naturais e das conservadas usando técnicas in vivo, in vitro e NIRS.


Produción animal

  • Mellora da calidade e da seguridade na alimentación animal tanto nos ensilados como nos concentrados.
  • Estudos da produción de carne e de leite para a sustentabilidade dos sistemas.
  • Calidade nutritiva da carne e da graxa de vacún susceptible de ser aceptada polos distintivos de calidade, a través do estudo dos ácidos graxos.
  •  Produción eficiente de carne (vacún e ovino) e leite cos recursos propios da explotación.


Tecnoloxía dos alimentos

  • Obtención e caracterización de cultivos microbianos de interese para a industria láctea.


Recursos xenéticos

  • Mellora xenética dos pastos.
  • Conservación e caracterización de recursos fitoxenéticos autóctonos de Galicia.
  • Mellora xenética do pemento e cebola.


Fertilización e medio ambiente

  • Estudo do ciclo de nutrientes nas explotacións gandeiras.
  • Estudo da calidade das augas en bacías hidrográficas de alta carga gandeira.
  • Optimización das prácticas agrarias para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e a lixiviación de nitratos.


Parasitoloxía

  • Fasciolose.
  • Paranfistomose.
  • Neosporose.
  • Cryptosporidiose.
  • Giardiose.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS