Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Acreditación da EVEGA

A EVEGA está acreditada pola Empresa Nacional de Acreditación, ENAC (Acreditación nº / Expediente : 1107/LE2142), para a realización de análises en viños. O cumprimento da norma UNE EN ISO/IEC 17025 é unha garantía da calidade das análises que a Estación de Viticultura e Enoloxía realiza.

O anexo técnico da acreditación está dispoñible en www.enac.es

Ensaios acreditados
As matrices, rangos, procedementos de ensaio e técnicas para os que o laboratorio está acreditado están no documento Catálogo de Ensaios Acreditados (200 Kb)


Nota Importante.-Os ensaios realizaranse preferentemente polas técnicas acreditadas agás indicación expresa do cliente que deberá consultar co laboratorio a dispoñibilidade para realizar o ensaio por un procedemento distinto dos sinalados. En todo caso o cliente aceptará, agás indicación contraria pola súa parte, que o laboratorio use os procedementos de ensaio que permitan emitir os resultados no menor prazo de tempo.

Cando os resultados obtidos pola técnica FTIR estean fóra dos rangos para os que se solicitou a acreditación ou fóra dos lindeiros legais, utilizaranse os procedementos baseados nos métodos da OIV.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS