Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Medios da Estación de viticultura e enoloxía

Laboratorio de viños

  • Autoanalizador Foss para parámetros químico elementais (grado alcohólico, acidez total, acidez volátil, sulfuroso total, pH, glucosa e frutosa, ácido málico, ácido tartárico, ácido láctico, índice de Folen, glicerol), totalmente automatizado, sistema de espectrometría IR e velocidade de análise de 100 mostras/hora.
  • Titrador Crison, ph, azucres redutores, acidez.
  • Equipo analítico convencional, con destilador rápido, pH-metro dixital e equipo vario.
  • Espectrómetro VIS-UV Perkin-Elmer, con determinación automática de parámetros CIELab (coincidente coa norma UNE 72031) e convencionais.
  • Arcón conxelador para mostras, estufas de desecación e material diverso para a análise enolóxica.


Laboratorio experimental

  • Autoanalizador Foss para parámetros químico elementais (grado alcohólico, acidez total, acidez volátil, sulfuroso total, pH, glicosa e frutosa, ácido málico, ácido tartárico, ácido láctico, índice de Folen, glicerol), totalmente automatizado, sistema espectrometría IR e velocidade de análise de 100 mostras/hora.
  • Espectrómetro VIS-UV Perkin-Elmer, con determinación automática de parámetros CIELab (coincidente coa norma UNE 72031) e convencionais.
  • 3 cromatógrafos de gases Hewlett-Packard 5890 para a determinación de compoñentes aromáticos (alcoholes superiores, ésteres etílicos e terpenoles, entre outros) en mostos e en viños.
  • Cromatógrafo en fase líquida HPLC Hewlett-Packard para a determinación de ácidos orgánicos e compostos polifenólicos ácidos benzoicos (gálico) e hifroxi-fenil-carboxílicos, entre eles hidroxicinámicos (cafeico, cumárico, fenílico), autocianididas (delfinidina, malvidina, peturidina, cianidina, peonina) e taninos condensados (epi e galocatiquinas).
  • Fotoespectrómetro de absorción atómica Perkin-Elmer para a dosificación de compoñentes metálicos.


Laboratorio de bioloxía

  • Invernadoiro e dous umbráculos.
  • Laboratorio de micropropagación.
  • Cámaras frigoríficas.
  • Cámara de termoterapia, forzado e cultivo.
  • Laboratorio test serolóxico ELISA.
  • Laboratorio de bioloxía equipado con material básico.
  • Cámara de cultivo con control de fotoperíodo, humidade relativa e temperatura.
  • Estufa pequena adaptada como fitotrón.
  • Cámara de fluxo laminar para traballos que requiren condicións de esterilidade como o cultivo in vitro, a extracción de ADN e a preparación de tampóns.
  • Autoclave para a esterilización de medios de cultivo, material de uso na cámara de fluxo laminar, material para técnicas de bioloxía molecular, auga, solucións tampón...
  • Microscopio estereoscópico con fonte de luz fría, sistema de vídeo con monitor e sistema fotográfico para illamento e identificación de mostras pequenas (microinxerto de meristemos, identificación de enfermidades e de patóxenos...).
  • Estufas de esterilización e secado de material.
  • Incubador de placas ELISA.
  • Lavador semiautomático de placas ELISA.
  • Lector Multiskan de placas ELISA adaptado ao ordenador e con programa incorporado que permite interpretación, procesado e almacenaxe de resultados.
  • Baño de auga.
  • Material diverso
Medios

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS