Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Actividades do Laboratorio Agrario

As análises teñen como obxectivo un mellor coñecemento dos produtos agrarios e alimentarios e dos medios da producción, sempre pensando na mellora da calidade e da seguridade alimentarias.

Alimentos e Bebidas: fanse análises informativas para as adegas e empresas de bebidas e análises oficiais de alimentos ao abeiro do control da calidade alimentaria. As análises de viños e bebidas espirituosas para os certificados de exportación son moi solicitadas.
 
Alimentación Animal: analízase o valor nutritivo de forraxes, cereais e pensos. Tamén vese a presenza de micotoxinas.

Fertilizantes: analízanse fertilizantes inorgánicos e orgánicos, auga para rega, lodos de uso agrario e substratos. É habitual facer análises de mostras oficiais para a comprobación da composición química dos fertilizantes e detectar posibles fraudes.

Fitopatoloxía: analízanse mostras de cultivos herbáceos e leñosos, de sementes e plantas de viveiro. Son mostras dos servizos encargados da sanidade vexetal, para o seguimento das enfermidades e pragas de corentena, e mostras enviadas polos agricultores.

Solos: análises de fertilidade das terras de cultivo e análises foliares dos cultivos para detectar posibles carencias.

Residuos de pesticidas: detéctase a presenza de residuos de produtos fitosanitarios en bebidas, froitas, hortalizas, legumes, mel, forraxes, solos, etc. Así pódese comprobar que non se sobrepasen os límites máximos de residuos nos produtos agrarios e alimentarios.

O Laboratorio Agrario participa en ensaios interlaboratorio organizados por varias institucións públicas e privadas como: a Comisión Europea, Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Bipea en Francia, University of Wageningen Wepal en Holanda, Muva Kempten en Alemania, Gabinete de Servicios para la Calidad SAL en España, Junta de Andalucía, etc. O obxectivo é avaliar a precisión dos resultados analíticos por comparación cos resultados dos outros laboratorios de España e de Europa para manter a calidade das nosas análises no nivel máis alto posible.

Ademais formamos parte dos Grupos de traballo da rede de laboratorios agrarios e alimentarios do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Estes grupos traballan na mellora dos procedementos analíticos e na resolución de problemas ou incidencias que xurden nos ámbitos agrario e alimentario.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS