Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Solicitudes de análises Lafiga

Solicitudes:

Análise de alimentos e bebidas (90 Kb)
Certificado de análise informativa para exportación de bebidas (52 Kb)
Análise de auga de rega, fertilizantes, forraxes, pensos ou substratos (58 Kb)
Análise fitopatolóxica (72 Kb)
Análise foliar (50 Kb)
Análise de lodos para uso agrario (60 Kb)
Análise de residuos de produtos fitosanitarios (56 Kb)
Análise de solos (54 Kb)

 

Notas importantes

Certificados de exportación de bebidas espirituosas

Faranse os seguintes ensaios:

Augardentes: grao alcohólico, metanol, sustancias volátiles, cobre

Licores: grao alcohólico, metanol, sustancias volátiles, cobre, azucres totais.

Se o cliente desexa que se lle faga outros ensaios, deberao facer constar na súa solicitude de certificado de exportación.

Certificados de exportación de viños

Cando o cliente solicita un certificado de exportación de viños, os ensaios que se realizarán serán os seguintes:

Exportacións a Brasil: grao alcohólico adquirido, grao alcohólico total, masa volúmica, extracto seco total, acidez total, acidez volátil, ácido cítrico, azucres totais, dióxido de xofre total, ferrocianuro férrico en suspensión, metanol, pH, cor, limpidez.

Exportacións a USA: grao alcohólico adquirido, grao alcohólico total, masa volúmica, extracto seco total, acidez total, acidez volátil, ácido cítrico, azucres reductores, dióxido de xofre total, ións ferrocianuro en disolución, ferrocianuro férrico en suspensión, metanol, flúor.

Exportacións a Xapón: grao alcohólico adquirido, grao alcohólico total, masa volúmica, extracto seco total, acidez total, acidez volátil, ácido cítrico, ácido sórbico, azucres reductores, dióxido de xofre total, ións ferrocianuro en disolución, ferrocianuro férrico en suspensión, metanol.

Exportacións ao resto de países: grao alcohólico adquirido, grao alcohólico total, masa volúmica, extracto seco total, acidez total, acidez volátil, ácido cítrico, azucres reductores, dióxido de xofre total, ións ferrocianuro en disolución, ferrocianuro férrico en suspensión, metanol.

Ensaios de ácido cítrico e de metanol en viños

Cando o cliente solicite que se lle realicen os ensaios de ácido cítrico e/ou metanol en viños, os resultados expresaranse tendo en conta o límite legal, salvo indicación en contra, da forma que se indica a continuación:

Para ácido cítrico: cando o seu contido sexa inferior a 1 g/l irá expresado como < 1g/l.

Para metanol:

Viños tintos: cando o seu contido sexa inferior a 0,30 g/l irá expresado como <0,30 g/l.

Viños brancos: cando o seu contido sexa inferior a 0,20 g/l irá expresado como <0,20 g/l.

Análises de fertilizantes

No informe de resultados das análises, entenderase, salvo indicación contraria, que os ensaios acreditados de fósforo soluble en ácidos minerais por gravimetría, fósforo soluble en citrato de amonio neutro por gravimetría, fósforo soluble en auga por gravimetría e potasio soluble en auga por gravimetría, cumpren o requisito do límite da repetibilidade.

O alcance da acreditación para a determinación “nitróxeno amoniacal por volumetría procedemento interno PE/LAFIGA/FI04 non inclúe as mostras de fertilizantes inorgánicos que declaran nitróxeno ureico na súa composición.

Naquelas mostras en que na súa etiqueta só declaren nitróxeno nítrico, éste calcularase utilizando o ensaio “nitróxeno nítrico e amoniacal por volumetría (método Devarda)”, procedemento interno PE/LAFIGA/FI03, asumindo que o valor obtido directamente por este procedemento é o valor de nitróxeno nítrico da mostra.

O método oficial para determinar a porcentaxe de P2O5 soluble en citrato amónico neutro e o método oficial para determinar a porcentaxe P2O5 soluble en citrato amónico neutro e auga son o mesmo. No INFORME DE ANÁLISE que emite o Laboratorio Agrario figura:

Determinación Realizada                                                                           Unidad

FÓSFORO SOLUBLE EN CITRATO DE AMONIO NEUTRO (P205)        %

Entendendo que:

  • Se a solubilidade do P2O5 en auga é inferior ao 2%, a solubilidade indicada para o citrato correspóndese con “% de P2O5 soluble en citrato amónico neutro”
  • Se a solubilidade do P2O5 en auga é igual ou superior ao 2%, a solubilidade indicada para o citrato correspóndese con “% de P2O5 soluble en citrato amónico neutro e auga”


Análises de solos

Cando o cliente non indique nada ou indique fertilidade na solicitude, faranse os seguintes ensaios: acidez de cambio extracción KCl 1M, calcio, magnesio, sodio e potasio extracción en acetato amónico 1N a pH 7, capacidade de cambio efectiva, carbono total, conductividade eléctrica extracción 1:5, elementos grosos (>2.0 mm), fósforo soluble en bicarbonato sódico (OLSEN), materia orgánica (calcinación a 400 ºC), necesidades de cal, nitróxeno total, pH en auga a 20 ºC extracción 1:2.5, relacións C/N, Ca/Mg e K/Mg, saturación por acidez.

Toda a información técnica adicional que necesiten os clientes estará ao seu dispor nos teléfonos:

881 881 366

881 881 352 Seccións de Alimentos e de Bebidas.

Solicitudes de análises

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS