Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Taxas e análises Lafiga

As mostras que se envían ao Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia deben ir acompañadas dunha solicitude de análise asinada na que consten os datos referentes á mesma, ao tipo de análise que se solicita e a aceptación expresa dos métodos utilizados polo Laboratorio. Os datos que se deben aportar e o tamaño dependen das análises solicitadas e do tipo de mostra.

Nos Servizos Provinciais de Explotacións Agrarias, no Servizos Provinciais de Control da Calidade Agroalimentaria, nas Oficinas Agrarias Comarcais, cooperativas, sociedades agrarias de transformación (SAT), asociacións e empresas agrarias, entre outras, dispoñen dos modelos de fichas de solicitude de análise e das instrucións de envío correspondentes.

Os prezos das determinacións analíticas realizadas polo Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia e pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia están fixados na orde do 19 de decembro de 2014, DOG do 9 de xaneiro de 2015

CORRECCIÓN de erros. Orde do 19 de decembro de 2014 pola que se fixan
os prezos das determinacións analíticas realizadas polo Laboratorio Agrario e
Fitopatolóxico de Galicia e pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia,
dependentes desta consellería

Taxas e análises

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS