Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Investigación e formación >> Transferencia tecnolóxica
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Transferencia tecnolóxica

O Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estudos e Publicacións avalía as necesidades e inquedanzas do sector para promover a investigación nas materias que o mesmo demande, asumindo as funcións de asesoramento ao sector agrario e forestal nas cuestións de innovación e uso das novas tecnoloxías. En colaboración cos centros de investigación e experimentación, coordina os resultados dos ensaios e proxectos no ámbito agroforestal.

A transferencia tecnolóxica difunde entre a sociedade o resultado dos coñecementos obtidos nos centros de investigación, estacións e laboratorios a través de:

  • Actividades de formación como cursos, xornadas e outras actividades formativas.
  • Actividades de información e de documentación, con elaboración de documentos, tanto informes técnicos como publicacións, xeración e xestión de bases de datos documentais.
  • Participación activa en redes de información estatais e internacionais.
  • Aproveitamento da acción exterior para difundir, mediante actividades formativas e outras actuacións, a tecnoloxía propia.

Os resultados dos proxectos de investigación xeran beneficios a diversos niveis. Supoñen a creación de novas actividades económicas ou a diversificación produtiva das xa existentes; melloran a produtividade; amplían a produción, os mercados ou a cobertura e contribúen a crear un contorno no que as empresas e as explotacións innovan e se adaptan mellor ao mercado.

Transferencia tecnolóxica

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS