Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Maquinaria agrícola >> Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola
Pdf Imprimir

Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA)

ÍNDICE:

  1. Obxecto de inscrición no ROMA
  2. Grupos de máquinas de inscrición obrigatoria no ROMA.
  3. ¿Quen debe inscribir unha máquina no ROMA?
  4. Motivo de inscrición dunha máquina no ROMA.
  5. Motivo de baixa dunha máquina no ROMA.
  6. Lexislación
  7. Enlace a sede electrónica para tramitar a alta dunha máquina ou baixar o modelo do impreso de MR437A para a súa tramitación por outro medio.
  8. Enlace a sede electrónica para tramitar a baixa dunha máquina ou baixar o modelo do impreso de MR437B para a súa tramitación por outro medio.
  9. ¿Onde dirixirse para inscribir unha máquina no ROMA?

1. Obxecto da inscrición no ROMA:

O Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) é elaborar unha base de datos actualizada do parque de maquinaria agrícola, recoller as características das máquinas que se utilizan na actividade agraria, en especial a súa potencia acreditada e equipamento de dispositivos de seguridade.
Deberase inscribir no ROMA todas as máquinas que se vaian utilizar na actividade agraria (agrícola, gandeira e forestal).

2. Grupos de máquinas de inscrición obrigatoria no ROMA:

  • Tractores agrícolas e forestais de calquera tipo e categoría.
  • Motocultores.
  • Tractocarros.
  • Máquinas automotrices de calquera tipo, potencia e peso.
  • Máquinas arrastradas de máis de 750 kg de masa máxima con carga admisible do vehículo en circulación (MMA).
  • Remolques agrícolas.
  • Cisternas para o transporte e distribución de líquidos.
  • Equipos de tratamentos fitosanitarios arrastrados ou suspendidos, de calquera capacidade e peso.
  • Equipos de distribución de fertilizantes arrastrados ou suspendidos, de calquera capacidade e peso.
  • As máquinas non incluídas nalgúns dos apartados anteriores que se concedera para a súa compra un crédito ou unha subvención oficial.
  • Aquelas máquinas non contempladas anteriormente e que determinen as comunidades autónomas.

Quedan excluídas da obrigación de inscrición no ROMA as máquinas clasificadas ou definidas na súa  tarxeta ITV como maquinaria de obras e servizos, así como as máquinas e equipos utilizados na industria agroalimentaria.

3. ¿ Quen debe inscribir unha máquina agrícola no ROMA?

  • As persoas físicas titulares dunha explotación agraria.
  • As persoas xurídicas que desenvolvan unha actividade agraria.
  • Persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan a prestación de servizos agrarios, sempre que estean inscritos nos correspondentes rexistros ous censos oficias.
  • Cooperativas agrarias, nas súas distintas modalidades, sociedades agrarias de transformación e outras agrupacións agrarias inscritas nos correspondentes rexistros oficiais.
  • Organismos oficiais e centros de formación agraria, cando utilicen as máquinas en tareas específicas de mecanización agraria.

No casos de utilizadores ou arrendatarios de máquinas agrícolas que pertenzan algún titular anterior que dispoñan das mesmas mediante contrato “leasing” , “renting” ou outros, a inscrición será a nome do arrendatario, cunha anotación na que se indique esta situación e o nome ou razón social da entidade financeira.

4. Motivo de inscrición dunha máquina no ROMA:

  1. Compra dunha máquina nova.
  2. Compra dunha máquina usada de importación.
  3. Pasa do sector obras e servizos ao sector agrario.
  4. Por cambio titularidade (transferencia, herdanza, compra, etc.).
  5. Outros motivos.
  6. Alta de máquinas en uso e non inscritas ( equipos de tratamentos e aboadoras ).

5. Motivo de baixa dunha máquina no ROMA:

  1. Pasa do sector agrario a outra actividade (obras e servizos).
  2. Por desmantelamento ou inutilidade.
  3. Por cambio de titularidade(transferencia,herdanza, venda, etc.).
  4. Outros motivos.
  5. Pasa a vehículo histórico.
  6. Envío a outro país.
  7. Baixa temporal.


6. Lexislación:

7. Enlace sede electrónica para tramitar a alta dunha máquina ou baixar o modelo do impreso de MR437A para a súa tramitación por outro medio.

 https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=437A&procedemento=MR437A

8. Enlace a sede electrónica para tramitar a baixa dunha máquina ou baixar o modelo do impreso de MR437B para a súa tramitación por outro medio.

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=437B&procedemento=MR437B

9. ¿Onde dirixirse para inscribir unha máquina no ROMA?

En cada unha das provincias Galegas existe un Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA). A máquina debe inscribirse no ROMA da provincia onde radica a explotación. O ROMA se encontra na Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e depende do Servizo de Explotacións Agrarias. Os trámites pódense facer directamente no ROMA ou a través da sede electrónica ou calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

A continuación detállase as direccións e teléfonos dos Servizos de Explotacións Agrarias das Xefaturas Territoriais da Consellería do Medio Rural da provincia correspondente:

 

OFICINA XUNTA DE GALICIAENDEREZOTELÉFONO/FAX
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DA CORUÑARúa Vicente Ferrer nº 2 15008-A Coruña    Tel: 981184628 / 981184549
Fax: 981184474
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE LUGORonda Muralla, 70
27071-Lugo
Tel: 982294457
Fax: 982294808
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE OURENSE    Rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo
32003-Ourense   
Tel: 988386575/988386461/
988387298/988386876
Fax:988386482
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE PONTEVEDRARúa Fernández Ladreda, 43 2º
36003-Pontevedra
Tel: 886206587/ 886206547/886206586
Fax: 986805406
SERVIZO DE SANIDADE E PRODUCIÓN VEXETAL SANTIAGO DE COMPOSTELA    Rúa dos Irmandiños s/n Salgueiriños
15701-Santiago de Compostela
Tel.  881997441
Fax.  881997442

Para mais información consultar a súa Oficina Agraria Comarcal máis próxima.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS