Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Participación coexpositor en feiras agroalimentarias
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Participación como coexpositor en feiras agroalimentarias

FEIRAS 2019
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), ofrece ás empresas galegas do sector agroalimentario a posibilidade de participar en distintas feiras agrarias e alimentarias como empresa coexpositora nos stands institucionais da Consellería do Medio Rural, cun espazo expositivo individual, amparado pola marca “Galicia”..

A mellora da comercialización e a promoción do consumo dos produtos galegos, nomeadamente aqueles que están amparados por unha denominación de calidade, é un dos obxectivos estratéxicos da Consellería do Medio Rural para conseguir o desenvolvemento do noso sector agrario.No marco das accións promocionais, considérase fundamental a participación en certames feirais, tanto de carácter nacional como internacional, co fin de dar a coñecer e mellorar a comercialización das distintas producións agrarias galegas, sobre todo as amparadas por algún indicativo de calidade. Crearanse espazos expositivos que permitan promocionar e establecer acordos comerciais entre as empresas coexpositoras e os maioristas e distribuidores, así como a ampliación de mercados.Enmarcadas no plan anual de feiras está prevista a asistencia desta consellería a distintas feiras no territorio nacional. No cadro seguinte detállanse as correspondentes ao primeiro semestre de ano 2019, con posibilidade de incluír posteriormente algunha máis non contempladas inicialmente, ou de ser o caso, renunciar á asistencia a algunha das relacionadas:

 

 

FeiraLugarDatasWeb

Salimat

Silleda

6-9 xuño

https://www.salimat.es/

Salón de GorumetsMadrid8-11 abrilhttps://www.gourmets.net/salon
Fórum GastronómicoA Coruña10-12 Marzohttp://www.forumcoruna.com/
XantarOurense6-10 febreirohttp://xantar.org/

O espazo individual que se lle ofrece inclúe os elementos necesarios (mobiliario, equipamento...) para os labores de exposición e comercialización do seu produto así como para a atención de visitas e intercambios comerciais e terá unha superficie que poderá oscilar entre 6 e 9 m2.No caso de ter necesidades específicas como expositores de refrixeración de produto ou outros servizos (suministro e reposición de copas...), os custos adicionais serán asumidos polo expositor. Estas necesidades deberán comunicarse coa suficiente antelación para facilitar a súa xestión.Todos os espazos individuais estarán agrupados baixo o nome común de Galicia.

COMO PARTICIPAR

1.- Enviar a solicitude de inscrición correspondente á feira na que se queira participar debidamente cuberta ao enderezo electrónico:

feiras.medio-ruralping@xuntapong.gal

O envío da solicitude de inscrición simplemente ten carácter informativo e serve para facilitar a organización á Consellería do Medio Rural, pero non garante a participación da empresa no posto. Unha vez recibida a solicitude, confirmarémoslle a recepción da mesma. Se non recibise esta comunicación, deberá poñerse en contacto co Departamento de Promoción da Calidade Alimentaria da AGACAL.

2.- Unha vez axustadas as solicitudes de inscrición ao número de prazas dispoñibles en cada feira, se  súa empresa é seleccionada avisaráselle a través do seu correo electrónico e os seus datos serán remitidos á organización feiral.

3.- No caso de ser seleccionado, remitiráselle a factura co importe correspondente segundo o cadro, que deberá ser aboado na data indicada na factura, e, en todo caso, antes da celebración da feira.

FeiraSolicitudeAportación do expositor (IVE incluído)Data límite para enviar a solicitude
SalimatDescargar165 €22 de febreiro de 2019
Salón de GorumetsDescargar2057 €22 de febreiro de 2019
XantarDescargar165 €16 xaneiro 2019
Fórum GastronómicoDescargar363 €16 xaneiro 2019

 

 

 

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS