Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotaciones >> Incorporación de jóvenes
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Incorporación de mozos á actividade agraria

A Consellería do Medio Rural, na súa intención de favorecer o relevo xeracional e a creación de empresas para agricultores mozos, publica a ORDE do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2018.Estas axudas están cofinanciadas nun 2,50% pola Administración xeral do Estado, nun 22,50% pola Xunta de Galicia e nun 75% polo fondo Feader. 


Beneficiarios

Persoas que no momento de presentar a solicitude da axuda á pri­meira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos os corenta e un anos, e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explota­ción, de xeito individual, como cotitular ou como socio.

Prazo

  • Establécese para o ano 2018 un período de solicitude: dende o 17 de marzo ata o 16 de abril de 2018.

Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade.

Convocatoria 2018


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS