Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Quemas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Comunicacións de queimas de restos agrícolas amoreados e autorizacións de queimas de restos forestais

De acordo co sinalado nos artigos 34 e 35 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, para realizar traballos en terreos agrícolas, terreos  forestais e zonas de influencia forestal nos que sexa imprescindible facer uso do lume, e sempre fóra da época de perigo alto de incendios,  será obrigatorio dispoñer da correspondente comunicación ou autorización de queima:

  • 1. Restos amoreados
    • Queima de restos agrícolas amoreados: Comunicación de queima, que se realizará cunha antelación mínima de dous días
    • Queima de restos forestais amoreados: Autorización de queima.
      • A solicitude de autorización de queima presentarase cunha antelación mínima de sete días.
  • 2.  Queimas controladas: Autorización de queima, que para a súa realización deberán contar coa presenza de persoal técnico autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios.
    • A solicitude de autorización de queima presentarase cunha antelación mínima de sete días.

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados poden cumprir coa esixencia de comunicación previa chamando ao teléfono 012, ou ben accedendo ao trámite de comunicación de queimas por internet.

Os cidadáns que desexen queimar restos forestais poden cumprir coa esixencia de solicitude da autorización a través do teléfono 012.

Prescricións ás que deberá aterse cando realice unha queima, tanto de restos agrícolas como forestais.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS