Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sector lácteo >> Axuda á redución da produción de leite
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Axuda á redución da produción de leite

Datos da axuda:

_Base Xurídica:  Regulamento delegado (UE) 2016/1612.

_Obxecto: Realizar o pagamento para os produtores de leite de vaca que reduciran a súa produción durante un período de tres meses (período de redución) en comparación co mesmo período do ano anterior (período de referencia)

_Solicitantes do pagamento: Produtores de leite de vaca que presentaran a súa solicitude de participación e que foran admitidos

_Importe da axuda: 14 euros por cada 100 kg (97 litros) de redución autorizada (1 litro de leite = 1,03 kg de leite).

  • Cando a redución efectiva das entregas de leite de vaca sexa superior á cantidade autorizada, o importe da axuda corresponderá á cantidade autorizada.
  • Cando a redución efectiva das entregas de leite de vaca sexa igual ou superior ao 80% da cantidade autorizada, o importe da axuda corresponderá á redución efectiva das entregas de leite.
  • Cando a redución efectiva das entregas de leite de vaca sexa igual ou superior ao 50% pero inferior ao 80% da cantidade autorizada, o importe da axuda multiplicarase por un coeficiente de 0,8.
  • Cando a redución efectiva das entregas de leite de vaca sexa igual ou superior ao 20% pero inferior ao 50% da cantidade autorizada, o importe da axuda multiplicarase por un coeficiente de 0,5.
  • Cando a redución efectiva das entregas de leite de vaca sexa inferior ao 20% da cantidade autorizada, non se aboará axuda ningunha.

_Prazos de presentación de solicitudes de pagamento:

  • As correspondentes ao 1º período de redución: desde o 24 de xaneiro ata o 14 de febreiro
  • As correspondentes ao 2º período de redución: desde o 22 de febreiro ata o 17 de marzo

_Validez das solicitudes:

  • A solicitude deberá estar COMPLETA, con toda a documentación requirida (non serán admitidas as solicitudes incompletas)
  • As solicitudes de pagamento deben imprimirse, asinarse, darlles entrada nalgún Rexistro e acompañarse da documentación do apartado seguinte.

_Documentación a adxuntar á solicitude de pagamento:

  • se fixo entregas de leite durante os meses do período de redución, as copias das facturas mensuais de venda do leite.
  • e no suposto de que asine un representante distinto do que o fixo na solicitude de participación:
    • modelo de representación que lle xera automáticamente a aplicación e
    • a copia do documento que acredite a representatividade.

Acceso á aplicación:
https://www.axudaspac.gal/oavsol/

Manual de axuda para solicitar o pagamento

Descargar (1.1 Mb)

Normativa de aplicación:
Regulamento delegado UE 2016/1612 (336 Kb)

Resolucións:

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se notifican as autorizacións aos solicitantes da axuda para a redución da produción leiteira prevista no Regulamento Delegado (UE) 2016/1612 da Comisión, do 8 de setembro de 2016 (545 Kb)

Diario Oficial de Galicia do 30 de setembro de 2016: RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se notifican as autorizacións aos solicitantes da axuda para a redución da produción de leite de vaca prevista no Regulamento delegado (UE) 2016/1612 da Comisión, do 8 de setembro de 2016 (545 Kb)

Relación de persoas beneficiarias da axuda para a redución da produción leiteira correspondente ao primeiro período de redución (Regulamento Delegado (UE) 2016/1612 da Comisión, do 8 de setembro de 2016) - (385 Kb)

Relación de persoas beneficiarias da axuda para a redución da produción leiteira correspondente ao segundo período de redución (Regulamento Delegado (UE) 2016/1612 da Comisión, do 8 de setembro de 2016) - (255 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS