Medio Rural
Inicio >> Institucional >> Estatísticas >> Medio Rural

Estatísticas Medio Rural

A Consellería do Medio Rural ten atribuídas as competencias de elaboración e difusión estatística nas áreas relacionadas coas actividades dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galego. No desenvolvemento destas, a consellería recompila e sintetiza a información relativa ao territorio, aos recursos naturais, á estrutura produtiva nas explotacións e ás industrias transformadoras de produtos do medio rural.

Con esta actividade proporciona información detallada do medio rural galego actuando de forma coordinada co Instituto Galego de Estatística na elaboración das operacións definidas no marco do Plan Galego de Estatística 2007-2011, regulado pola Lei 16/2006 do 27 de decembro e desenvolvido polo decreto que aproba o programa estatístico anual correspondente.

A consellería colabora tamén cos órganos correspondentes do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) establecendo unha única fonte de recollida de información que evite duplicidades, diverxencias e molestias ao informante e minimice o custo que supón a execución do Programa Estatístico, garantindo o suficiente grao de cobertura, fiabilidade e oportunidade, acorde coas esixencias da normativa nacional e da Unión Europea.

Para a elaboración das operacións de estimación de superficies e rendementos, entre outras, conta co apoio do Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA).

Tamén se inclúen neste plan estatístico actividades desenvolvidas para o Observatorio do Sector Lácteo de Galicia.

estatistica.medioruralping@xuntapong.es

Recompila e difunde os datos agrarios máis salientables obtidos nas actividades estatísticas realizadas ao longo do ano.









Estima e dá a coñecer a valoración das producións agrarias mediante a metodoloxía SEC, analizando a evolución da renda agraria.









Determina os usos do solo e as superficies ocupadas polos cultivos agrícolas.
Presenta os rendementos e producións dos cultivos con maior incidencia na renda agraria galega.
Estuda as dimensións e as variables técnico-económicas das explotacións de horta e flor baixo cuberta, cunha superficie mínima de 500 m2.
Determina a superficie, produción e rendemento do viñedo dedicado a uva de vinificación, achegando información sobre o destino das producións.
Ofrece os datos das explotacións de gando bovino das diferentes tipoloxías (carne, leite, cebo, cebo autoconsumo).
Proporciona os datos referentes ao número de explotacións e efectivos de gando ovino e cabrún por tipoloxías.
Amosa os efectivos das explotacións industriais atendendo a súa orientación produtiva.
Achega información sobre as producións, custos, dimensións e capacidades das explotacións cunícolas.
Achega información sobre o sector avícola.
Achega os datos de gando sacrificado nos matadoiros da comunidade autónoma e o destino da súa carne.
Subministra información do número de industrias agrarias por tipoloxías e actividades, así como datos das súas dimensións e capacidades produtivas.
Presenta a evolución ao longo do ano do parque de maquinaria agrícola segundo a súa tipoloxía.
Ofrece datos das cortas de madeira, tanto de coníferas como de especies frondosas, realizadas en Galicia.
Difunde o número e a superficie declarada dos montes veciñais en man común.
Dá a coñecer o número de incendios e a superficie forestal queimada.
Recolle os prezos mensuais percibidos e pagados polos agricultores para uns determinados produtos e para a man de obra, así como a súa evolución.
Difúndese a evolución do prezo do leite. Por unha banda, o prezo percibido polas explotacións leiteiras e por outra o prezo declarado polos compradores de leite na comunidade.
Ofrece información da evolución dos prezos pagados pola venda e aluguer das terras de aproveitamento agrario ou rústico en cada unha das provincias galegas.
Subministra información da fabricación de pensos en Galicia, así como datos do consumo de materias primas.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS