Medio Rural
Inicio >> Institucional >> Estatísticas >> Medio Rural >> Sector cunícola

31901 - Sector cunícola

Recóllense e difúndense as principais características do sector cunícola -efectivos e explotacións- na Comunidade Autónoma de Galicia. Inclúese non só a obtención de datos censais, senón que se amplía o campo de estudo a subsectores relacionados coas fábricas de pensos compostos para coellos e os matadoiros que realizan sacrificios deste tipo de animais.Os obxectivos propostos pódense dividir en estatísticos e de análise sectorial:

Obxectivos estatísticos:

  • Cálculo da produción, consumo, evolución e transferencias interrexionais de pensos compostos para coellos.
  • Cálculo do volume de sacrificios, consumo de carne de coello, evolución, transferencias interrexionais de animais en vivo e de canais de animais sacrificados.
  • Cálculo do censo cunícola e produción de carne de coello.

Obxectivos de análise sectorial:

  • Análise conxunta dos resultados estatísticos obtidos, realizando as comparacións necesarias para comprobar a súa fiabilidade.
  • Detección dos factores que poden condicionar o desenvolvemento da cunicultura en xeral.

Máis información no Instituto Galego de Estatística

 

2008
Sector cunícola

10 Kb

30 Kb

Estrutura produtiva

10 Kb

30 Kb

Produción de pensos compostos para coellos

10 Kb

30 Kb

Número de gaiolas

10 Kb

30 Kb

Sacrificio de coellos en matadoiros

10 Kb

30 Kb

Tipoloxía das explotacións

10 Kb

30 Kb


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS