Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Rematados >> Infraestruturas >> Aviso
  • Aviso rematado
Data comezo: 17-04-2008

Declaración de impacto ambiental da concentración parcelaria de San Xulián de Bastavales
[17/04/2008]

Aviso do 12 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de San Xulián de Bastavales (Brión-A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria para a zona de San Xulián de Bastabales (Brión-A Coruña).

A Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias (actualmente Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias) iniciou, por petición dos veciños, o proceso de concentración parcelaria da parroquia de San Xulián de Bastavales (Brión, A Coruña), que afecta unha superficie dunhas 337 ha.

A devandita concentración parcelaria, que se atopa entre os proxectos recollidos no anexo II do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, cualificouse como sometida ao trámite de avaliación de impacto ambiental.

No anexo I inclúese un resumo da actuación e das características da zona de concentración e no anexo II das medidas preventivas e correctoras propostas no estudo de impacto ambiental presentado.

Mediante Resolución do 26 de marzo de 2007 da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias (publicada no DOG nº 70, do 11 de abril) someteuse a información pública o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria da referida zona, non constando a presentación de alegacións durante o período de exposición pública.

Con data 22 de maio de 2007 recíbese na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, remitido pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias como órgano substantivo por razón da materia, o certificado de exposición ao público do estudo ambiental na citada dirección xeral e na Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural na Coruña. O 2 de outubro de 2007 recíbese o informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e o 20 de decembro de 2007 o da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Tras reiterada petición, non consta emisión de informes por parte da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, do Concello de Brión e de Augas de Galicia, segundo indica o órgano substantivo.

Cumprida a tramitación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, formula, para os únicos efectos ambientais, a declaración de impacto ambiental (DIA) da concentración parcelaria da zona de San Xulián de Bastavales, no concello de Brión (A Coruña), promovida pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.


Máis información
arquivodia_san_xulian_bastavales.pdf (79 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS