Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Vixentes >> Ingacal >> Aviso
  • Aviso vixente

Ábrese hoxe o prazo para inscribirse nos Talleres de formación sobre Enfermidades das Madeira da Vide e sobre a Flavescencia dourada, que se impartirán na EVEGA (Ourense) e na EVE de RIBADUMIA (Pontevedra) no marco do proxecto WINETWORK
[27/06/2017]

O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) como organismo de transferencia de tecnoloxía da Consellería de Medio Rural xunto co FEUGA levarán a cabo 4 Talleres de Formación sobre Enfermedades da Madeira da vide e Flavescencia dourada no marco do proxecto europeo WINETWORK.

Dous destes talleres celebraranse os días 6 e 20 de xullo na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) en Leiro (Ourense) e os outros dos, os días 7 e 21 de xullo na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía (EVE) de Ribadumia (Pontevedra).

Estes catro talleres formativos xunto á Conferencia Internacional organizada para o día 13 de xullo, forman parte das  actividades formativas programadas no marco do Proxecto WINETWORK  sobre estas dúas patoloxías da vide.


Máis información
arquivoPrograma_inscricion_TALLERES.pdf (1787 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS