Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Produción e industrias >> Directorio de viveiros

Directorio de viveiros

A actividade de primeira transformación da madeira representa o 3% do Produto Interior Bruto galego. A industria da madeira de Galicia factura cada ano perto de 1.330 millóns de euros, proporcionando un número aproximado de 50.000 empregos, de 600 empresas industriais e comercializadoras e de 2.400 empresarios autónomos. O 70% destas empresas aséntanse en poboacións de menos de 5.000 habitantes, converténdose en fonte xeradora de empregos e axudando a fixar poboación no rural.

O Servizo de Produción e industrias forestais mantén unha aposta decidida pola revalorización do monte e o aproveitamento do sector forestal. Está a contribuír a potenciar toda a cadea produtiva do sector forestal, desde a produción no monte ata a comercialización final, poñendo especial interese na diversificación de actividades, no peche de ciclos e na obtención de valor engadido coa fin última de garantir rendas dignas tanto para propietarios como para os traballadores e empresarios. Interesa que as transformacións industriais se leven a cabo no mesmo lugar onde se extraen as materias primas co obxectivo de ofrecerlle ao mercado un produto xa rematado para poder xerar valor engadido, riqueza e emprego.

Buscador de viveiros
Provincia
Concello
Nome do viveiro
 

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS