Medio Rural
Inicio >> Anuncios >> Avisos >> Vigentes >> Infraestructuras >> Aviso
  • Aviso vigente

AVISO INFORMATIVO da exposición pública do deseño da rede viaria da Zona de Reestruturación Parcelaria de Benza (Trazo-A Coruña)
[06/09/2017]

Comunícase a todos os propietarios, titulares e interesados na reestruturación parcelaria de Benza que, a partir do día 31 de agosto de 2017, o deseño da nova rede viaria estará exposto durante trinta días naturais no Concello de Trazo, así como no local social da parroquia de Benza.

Dito documento tamén poderá ser consultado en sede electrónica nos seguintes enderezos:


Durante o prazo de exposición os interesados poderán formular as alegacións que estimen oportunas por escrito, rexistrado na Xunta de Galicia, Concello de Trazo ou calquera outro rexistro legalmente establecido.

A publicación efectúase por parte da:

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL  DA CORUÑA.
SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS AGRARIAS.



© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS