Medio Rural
  • Nova
 

A Evega e a Asociación Galega de Enólogos organizan en Zaragoza unha cata de viños brancos galegos premiados pola súa calidade

Catáronse os gañadores do I Certame internacional de brancos galegos e o viño institucional da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia 2015

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), adscrita á Consellería do Medio Rural, e a Asociación Galega de Enólogos (Age) organizaron hoxe unha cata de viños brancos galegos no marco do 21 Salón internacional de maquinaria e equipos para bodegas e do embotellado

Santiago, 15 de febreiro de 2017.- A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), adscrita á Consellería do Medio Rural, e a Asociación Galega de Enólogos (Age) organizaron hoxe unha cata de viños brancos galegos no marco do 21 Salón internacional de maquinaria e equipos para bodegas e do embotellado (Enomaq), que se celebra dende onte e ata o vindeiro venres en Zaragoza.

Esta cata fíxose cos viños que resultaron gañadores no I Certame internacional de brancos galegos celebrado os días 8, 9 e 10 do pasado mes de novembro de 2016 en Ourense. No acto levouse a cabo unha presentación e exposición das características das cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia e catáronse os viños das adegas gañadoras neste concurso: Dolores Fontán Limeres; Bodegas Martín Códax, S. A. U.; Enoturismo Acha S. L. - Davide (os tres da Denominación de Orixe Rías Baixas) e a adega Amodiño, S. L., pertencente á Denominación de Orixe Ribeiro.

Ademais, nesta mesma cita de Zaragoza realizouse unha cata e presentación do viño branco Evega 2015, o primeiro de carácter institucional que elaborou a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia con fins protocolarios e que foi presentado publicamente o pasado 20 de maio de 2016.

O certame Enomaq, que se desenvolve con carácter bianual nas instalacións do recinto da Feira de Zaragoza, acolle diversas exposicións relacionadas coa maquinaria para as adegas e para o embotellado, así coma unha mostra das novidades en enoloxía e laboratorios analíticos. De forma paralela celébranse xornadas técnicas e actividades de cata e degustación de viños de varios puntos da xeografía española.
 


Galería de imaxes

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), adscrita á Consellería do Medio Rural, e a Asociación Galega de Enólogos (Age) organizaron hoxe unha cata de viños brancos galegos no marco do 21 Salón internacional de maquinaria e equipos para bodegas e do embotelladoA Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), adscrita á Consellería do Medio Rural, e a Asociación Galega de Enólogos (Age) organizaron hoxe unha cata de viños brancos galegos no marco do 21 Salón internacional de maquinaria e equipos para bodegas e do embotellado

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS