Medio Rural
  • Nova
 

Medio Rural cede diversas parcelas aos concellos pontevedreses da Estrada e Vila de Cruces

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, fixo entrega formal de varias parcelas aos municipios pontevedreses da Estrada e Vila de Cruces esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra

Pontevedra, 16 de febreiro de 2017.- O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, fixo entrega formal de varias parcelas aos municipios pontevedreses da Estrada e Vila de Cruces esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra. Trátase dunha serie de terreos que ata o de agora eran propiedade do Banco de Terras, pero que non tiñan utilidade agraria ou forestal, e que agora se ceden gratuitamente a estes concellos a través da nova Lei de Mobilidade.

Así, o concello da Estrada recibe unha parcela de 1.080 m2 e o de Vila de Cruces recibe dúas parcelas de 4.005 m2 e 6.180 m2, todas elas por interese social dos municipios.


Galería de imaxes

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, fixo entrega formal de varias parcelas aos municipios pontevedreses da Estrada e Vila de Cruces esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en PontevedraO director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, fixo entrega formal de varias parcelas aos municipios pontevedreses da Estrada e Vila de Cruces esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS