Medio Rural
  • Nova
 

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns

O lume, que entrou por Portugal, afectou unha superficie estimada de 20 hectáreas rasas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago, 19 de marzo de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns.

O lume, que entrou por Portugal, iniciouse ás 17:35 horas de onte e quedou extinguido ás 21:45 horas. Segundo últimas estimacións, afectou unha superficie de 20 hectáreas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Nos traballos de extinción participaron 2 axentes, 2 brigadas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS