Medio Rural
  • Nova
 

Activo un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns

Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é dunhas 19 hectáreas rasas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago, 19 de marzo de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns.

O lume iniciouse esta tarde ás 17:15 horas e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 19 hectáreas rasas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Nos traballos de control levan participado 1 axente, 5 brigadas, 6 motobombas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS