Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20:00 horas de hoxe

Arestora están activos lumes en Abegondo-Vizoño, Narón-Val e As Pontes de García Rodríguez-Deveso, todos na provincia da Coruña

O de Narón afecta unhas 120 hectáreas e os de Abegondo e As Pontes sitúanse arredor das 20 hectáreas cada un

Permanece controlado o incendio de Negreira, parroquia homónima, que afectou 131 hectáreas, segundo as últimas estimacións

Quedou extinguido o de Boiro, parroquia de Cures, cunha superficie afectada provisional de 120 hectáreas, todas elas de monte raso
 

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20:00 horas de hoxe.

Activo Narón

Arestora permanece activo un lume no concello de Narón, parroquia do Val que, segundo estimacións provisionais, afecta unha superficie aproximada de 120 hectáreas. Iniciouse ás 09:49 horas de hoxe e no seu control levan traballado 4 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.

Activo As Pontes

Permanece tamén activo desde as 6:10 horas desta mañá o lume rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, na parroquia de Deveso, que afecta provisionalmente unha superficie dunhas 20 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 4 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

Activo Abegondo

Ás 17:49 horas desta tarde rexistrouse un lume en Abegondo, parroquia de Vizoño, que permanece activo e segundo estimacións provisionais afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. No seu control levan traballado 3 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Negreira

Desde as 13:15 horas permanece controlado o incendio forestal que comezou onte ás 22:36 horas no concello coruñés de Negreira, parroquia homónima. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é 131 hectáreas, das cales 101 son de monte raso e o resto de arborado. Na súa extinción levan traballado 11 axentes, 16 brigadas, 6 motobombas e 2 pas.

Extinguido Boiro

Ás 19:35 horas desta tarde quedou extinguido o incendio rexistrado ás 02:00 horas da madrugada no concello de Boiro, parroquia de Cures. Segundo novas estimacións, afectou unha superficie de 120 hectáreas, todas elas de monte raso. Na súa extinción participaron 9 axentes, 6 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.
 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS