Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe

Estabilizados os incendios rexistrados nos concellos de Narón, parroquia de Val, e de Oza-Cesuras, parroquia de Cis, con superficies afectadas de 450 e 41 hectáreas, respectivamente

Desactivouse a Situación 2 no lume de Narón, Val, ao non existir risco para as poboacións da zona

Permanece controlado o incendio de Abegondo, parroquia de Vizoño, cunha superficie afectada de 46 hectáreas

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe.

Estabilizado Narón

Estabilizado ás 13:10 horas do mediodía o lume rexistrado onte ás 9:49 horas no concello de Narón, parroquia do Val. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 450 hectáreas. No seu control levan traballado 9 axentes, 16 brigadas, 18 motobombas, 3 pas e 6 helicópteros. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Ás 9:55 horas da mañá desactivouse a Situación 2 ao non existir risco para as poboacións da zona.



Estabilizado Oza-Cesuras

 

Estabilizado ás 9:55 horas da mañá o incendio de Oza-Cesuras, na parroquia de Cis, que comezou esta madrugada ás 2:09 horas. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 41 hectáreas. No seu control traballan 3 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Controlado Abegondo

Permanece controlado desde a 1:55 horas desta madrugada o lume en Abegondo, parroquia de Vizoño, tras comezar ás 17:49 horas da tarde de onte. Segundo novas estimacións provisionais afecta unha superficie de 46 hectáreas, das cales 38 son de monte arborado e 8 de raso. Na súa extinción traballan 10 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas, 3 pas e 1 helicóptero.

 



© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS